Mario Bunge: Diferenzas entre revisións
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América |
m elimino a Categoría:Personalidades da filosofía; engado a Categoría:Filósofos da Arxentina mediante HotCat |
||
Liña 31: | Liña 31: | ||
[[Categoría: |
[[Categoría:Filósofos da Arxentina|Bunge, Mario]] |
||
[[Categoría:Filosofía da ciencia|Bunge, Mario]] |
[[Categoría:Filosofía da ciencia|Bunge, Mario]] |
||
[[Categoría:Premios Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades|Bunge, Mario]] |
[[Categoría:Premios Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades|Bunge, Mario]] |
Revisión como estaba o 10 de agosto de 2015 ás 14:30
Mario Bunge (Buenos Aires, Arxentina 1919) é un físico e filósofo arxentino, ademais dun humanista.
Biografía
Naceu na cidade arxentina de Buenos Aires o 21 de setembro de 1919. Interesado na filosofía da física, Bunge comezou os seus estudos na Universidade Nacional de La Plata, graduándose cun doutorado en ciencias físico-matemáticas no ano 1952. Na mesma universidade foi profesor de física teórica e filosofía desde 1956 ata 1966 cando, insatisfeito perante o clima político do seu país, tomou a decisión de emigrar. Pasou entón a ensinar nas universidades de México, Estados Unidos e Alemaña, acabando por radicarse no 1966 en Montreal, Canadá, como profesor da Universidade McGill desde aquela.
Os seus principais intereses son a epistemoloxía, a filosofía da mente e filosofía das ciencias sociais. O seu libro La ciencia, su método y su filosofía (1960), no que introduce as bases do método científico e a súa aplicación no campo do saber, chegou a se converter nun clásico do xénero.
É coñecido tamén por expresar publicamente a súa posición contraria as pseudociencias, entre as que inclúe a psicanálise e a homeopatía; mais tamén elaborou fortes críticas contra correntes filosóficas como o existencialismo, incluíndo filósofos como Martin Heidegger e Edmund Husserl; o postmodernismo; a hermenéutica e o feminismo filosófico. Talvez a súa obra máis importante estea formada polos oito volumes do seu Tratado de filosofia básica (Treatise on Basic Philosophy).
En 1982 foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.
Obras seleccionadas
- 1960. La ciencia, su método y su filosofía. Buenos Aires: Eudeba.
- 1962. Intuition and Science. Prentice-Hall.
- 1967. Foundations of Physics. Springer
- 1969. La Investigación Científica. Su estrategia y su filosofía. Barcelona: Ediciones Ariel.
- 1973. Philosophy of Physics. Dordrecht: Reidel.
- 1980. The Mind-Body Problem. Oxford: Pergamon.
- 1980. Epistemología. Ariel
- 1984. "What is Pseudoscience", The Skeptical Inquirer, Vol.9, No.1, (Fall 1984), pp.36-46.
- 1974-89. Treatise on basic philosophy, en 8 vols. Dordrecht: Reidel.
- 1996. Finding Philosophy in Social Science. Yale University Press.
- 1998. Dictionary of Philosophy. Amherst, N.Y.: Prometheus Books ( trad. esp. 2001: Siglo XXI: México).
- 1999. Las ciencias sociales en discusión. Buenos Aires: Sudamericana
- 2001. Philosophy in Crisis. Amherst, N.Y.: Prometheus Books.
- 2000. La relación entre la sociología y la filosofía. Madrid: Edaf.
- 2003. Emergence and Convergence: Qualitative Novelty and the Unity of Knowledge. Toronto: University of Toronto Press.
- 2003. Dictionary of Philosophy. Amherst, N.Y.: Prometheus Book (edición ampliada, ten trad. en español e portugués)
- 2004. Mitos, hechos y razones. Buenos Aires: Sudamericana
- 2006. Chasing Reality. Strife over Realism. Toronto: University of Toronto Press.