Linguas quechuas: Diferenzas entre revisións
m elimino a Categoría:Ecuador; engado a Categoría:Cultura de Ecuador mediante HotCat |
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo |

Liña 4: | Liña 4: | ||
| corfamilia = Americana |
| corfamilia = Americana |

| rexión = [[Andes]] centrais:
{{PER}}
{{BOL}}
{{COL}}
{{ECU}}
{{CHI}}
{{ARG}} |
| rexión = [[Andes]] centrais:
{{PER}}
{{BOL}}
{{COL}}
{{ECU}}
{{CHI}}
{{ARG}} |

| falantes = 8 |
| falantes = 8 900 000 ([[2007]]) |

| posición = |
| posición = |

| fam1 = [[Quechumara]] |
| fam1 = [[Quechumara]] |
Revisión como estaba o 20 de maio de 2015 ás 17:45
Quechua Qhichwa simi, Runa simi | ||

Falado en: | Andes centrais: Perú Bolivia Colombia Ecuador Chile Arxentina | |
Total de falantes: | 8 900 000 (2007) | |
Familia: | Quechumara Quechua | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | qu

ISO 639-2: | que, qwe | |
ISO 639-3: | que

Mapa | ||
Status | ||
O quechua, tamén coñecido como runa simi ("lingua da xente"), é unha familia de linguas que teñen unha orixe común, o protoquechua, que se falou nun territorio dos Andes próximo da costa do Perú. Ten o rango de lingua oficial en Perú, Ecuador e Bolivia; conta tamén cuns centos de falantes en Colombia e na Arxentina. En total hai dez millóns de falantes.
Características
Dentro da gran diversidade das súas variantes, o quechua caracterízase por comprender linguas moi regularmente aglutinantes cunha orde gramatical variábel. O seu gran número de sufixos muda tanto o significado das palabras por completo como os matices do significado. Algunhas características gramaticais notábeis inclúen a conxugación bipersoal (os verbos concordan co suxeito e o obxecto), evidencialidade (indicación da fonte e a veracidade do coñecemento expresado), unha partícula de tópico e sufixos que indican quen se beneficia dunha acción e da actitude do falante ao respecto, aínda que algunhas linguas e variedades poden carecer dalgunhas destas características.
A identificación das linguas que conforman esta familia foi controvertida por mor de que non todas estas variedades son mutuamente intelixíbeis. Dende mediados do século XVII, estendeuse o mito de que o quechua é un só idioma, onde o quechua falado no Cuzco (naquel entón, o quechua clásico) sería a lingua por excelencia e as demais variedades, meras corrupcións desta. A evidencia lingüística contemporánea contradí frontalmente esta crenza, pois o quechua clásico non é a orixe de todas as variedades da familia quechua senón que existen outras variedades moito máis antigas ca esta.
Existe unha versión da Wikipedia en Linguas quechuas |