Administración pública: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 42 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q31728
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 20: Liña 20:
- fins
- fins
- actuación, que ha de ser licita, dentro dunhas competencia do órgano actuante.
- actuación, que ha de ser licita, dentro dunhas competencia do órgano actuante.
[[Dereito|Xuridicamente]], o concepto de Administración pública úsase máis frecuentemente en sentido formal, referíndose a un organismo complexo e múltiple -sen prexuízo da súa unidade- que realiza unha actividade do [[Estado]]. Neste sentido, se dicimos "responsabilidade da Administración" quérese significar que o acto ou feito da Administración é o que responsabiliza ao Estado (ou [[comunidade autónoma]], [[administración local]], etc.
[[Dereito|Xuridicamente]], o concepto de Administración pública úsase máis frecuentemente en sentido formal, referíndose a un organismo complexo e múltiple -sen prexuízo da súa unidade- que realiza unha actividade do [[Estado]]. Neste sentido, se dicimos "responsabilidade da Administración" quérese significar que o acto ou feito da Administración é o que responsabiliza ao Estado (ou [[comunidade autónoma]], [[administración local]] etc.


== Prerrogativas da Administración ==
== Prerrogativas da Administración ==
Liña 28: Liña 28:


Entre as devanditas prerrogativas destacan:
Entre as devanditas prerrogativas destacan:
* A interpretación unilateral dos [[contrato administrativo|contratos]] que asine cos particulares para a xestión indirecta das funcións administrativas (obras, subministros, etc.)
* A interpretación unilateral dos [[contrato administrativo|contratos]] que asine cos particulares para a xestión indirecta das funcións administrativas (obras, subministros etc.)
* A executividade dos [[acto administrativo|actos administrativos]] (por exemplo, o cobro de multas polo [[procedemento de prema]]). É dicir, os actos da administración deben cumprirse, son obrigatorios
* A executividade dos [[acto administrativo|actos administrativos]] (por exemplo, o cobro de multas polo [[procedemento de prema]]). É dicir, os actos da administración deben cumprirse, son obrigatorios
* O principio de [[autotutela administrativa|autotutela]]: a administración está autorizada para impoñer unilateralmente as súas decisións aos particulares.
* O principio de [[autotutela administrativa|autotutela]]: a administración está autorizada para impoñer unilateralmente as súas decisións aos particulares.
Liña 43: Liña 43:


A pluralidade de Administracións Públicas en España complétase coas Administracións non territoriais que desenvolven actividades concretas con potestades limitadas:
A pluralidade de Administracións Públicas en España complétase coas Administracións non territoriais que desenvolven actividades concretas con potestades limitadas:
* [[Corporación]]s: [[Colexio profesional|Colexios profesionais]], [[Cámara de Comercio, Industria e Navegación|Cámaras de Comercio, Industria e Navegación]], [[Confraría de pescadores|Confrarías de pescadores]], [[Federación deportiva|Federacións deportivas]], etc.
* [[Corporación]]s: [[Colexio profesional|Colexios profesionais]], [[Cámara de Comercio, Industria e Navegación|Cámaras de Comercio, Industria e Navegación]], [[Confraría de pescadores|Confrarías de pescadores]], [[Federación deportiva|Federacións deportivas]] etc.
* [[Institución]]s: [[Fundación|Fundacións públicas]], Organismos Autónomos e Entidades Públicas Empresariais.
* [[Institución]]s: [[Fundación|Fundacións públicas]], Organismos Autónomos e Entidades Públicas Empresariais.
* Administracións independentes: [[Banco de España]], [[Universidade]]s, etc.
* Administracións independentes: [[Banco de España]], [[Universidade]]s etc.


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 12 de abril de 2015 ás 21:03

Por Administración Pública, xeralmente, enténdese á organización integrada por un personal especializado, dotada de medios económicos e materiais públicos que pon en práctica as decisións tomadas polo goberno. Componse de todo o que a fai efectiva: funcionarios e edificios públicos, entre outros. Pola súa función, é o enlace entre a cidadanía e o poder político. Con todo, non só existe Administración Pública no Poder Executivo, senón en gran parte do Estado e ata en entes privados que desempeñan funcións administrativas por habilitación do Estado, coma os colexios profesionais. Do latín "ad-ministrare", que significa servir, ou de "ad manus traher" que alude á idea de manexar ou xestionar.

No entanto, o concepto de Administración Pública pode ser entendido desde dous puntos de vista.

  • Desde un punto de vista formal, enténdese á entidade que administra, ou sexa, ao organismo público que recibiu normativamente a competencia e os medios necesarios para a satisfacción dos intereses xerais.
  • Desde un punto de vista material, enténdese máis ben a actividade administrativa, ou sexa, a actividade deste organismo considerado nos seus problemas de xestión e de existencia propia, tanto nas súas relacións con outros organismos semellantes como cos particulares para asegurar a execución da súa misión.

Tamén se pode entender como a disciplina encargada do manexo científico dos recursos e da dirección do traballo humano enfocada á satisfacción do interese público, entendendo este ultimo como as expectativas da colectividade.


Elementos

- medios persoais ou persoas físicas - medios económicos, (tributos) - organización, ordenación racional dos medios - fins - actuación, que ha de ser licita, dentro dunhas competencia do órgano actuante. Xuridicamente, o concepto de Administración pública úsase máis frecuentemente en sentido formal, referíndose a un organismo complexo e múltiple -sen prexuízo da súa unidade- que realiza unha actividade do Estado. Neste sentido, se dicimos "responsabilidade da Administración" quérese significar que o acto ou feito da Administración é o que responsabiliza ao Estado (ou comunidade autónoma, administración local etc.

Prerrogativas da Administración

A Administración posúe unha serie de prerrogativas que a colocan nunha posición superior á do administrado. A xustificación é que a Administración defende os intereses xerais, mentres que o particular defende os intereses particulares ou propios de seu.

Entre as devanditas prerrogativas destacan:

A administración pública en España

Segundo o artigo 103 da Constitución, a Administración Pública de España serve con obxectividade aos intereses xerais e actúa de acordo cos principios de eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación, con sometemento pleno á lei e ao dereito.

A nivel territorial, a Constitución de 1978 divide a Administración pública en tres niveis como consecuencia da definición de estado fortemente descentralizado:

  • Administración Xeral do Estado: é a administración central de todo o Estado Español (artigos 97 e seguintes da CE) encargada de levar á práctica o programa do Goberno e de satisfacer os intereses xerais.
  • Administración autonómica: composta por todos aqueles organismos que xestionan competencias atribuídas total ou parcialmente ás rexións e nacionalidades de España ((artigos 137 e seguintes da CE).
  • Administración local: comprende as competencias transferidas a municipios, deputacións provinciais ou forais e cabidos insulares (artigos 140 e seguintes da CE).

A pluralidade de Administracións Públicas en España complétase coas Administracións non territoriais que desenvolven actividades concretas con potestades limitadas:

Véxase tamén