Polimerase: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 32: Liña 32:


[[Categoría:Encimas]]
[[Categoría:Encimas]]
[[Categoría:Transferases]]

Revisión como estaba o 22 de marzo de 2015 ás 01:30

Estrutura da Taq ADN polimerase.

Unha polimerase é un encima (EC 2.7.7.6/7/19/48/49) que sintetiza longas cadeas de polímeros de ácidos nucleicos. Xeralmente, as ADN polimerases producen cadeas de ADN a partir dun molde de ADN (nas transcritases inversas a partir do ARN), e as ARN polimerases producen cadeas de ARN, copiadas (transcritas) xeralmente de moldes de ADN e nalgúns casos de moldes de ARN (en certos virus). A molécula copiada é complementaria do molde.

Os encimas que interveñen na polimeración doutros biopolímeros non se chaman polimerases por razóns históricas.

Unha polimerase da bacteria termófila Thermus aquaticus (Taq) (PDB 1BGX, EC 2.7.7.7) utilízase na reacción en cadea da polimerase, unha técnica importante en bioloxía molecular.

Outras polimerases especiais son:

  • Transcritase inversa, un encima dos retrovirus de ARN como o VIH, que utilizan para crear unha cadea complementaria de ADN á cadea de ARN viral, para que dito ADN se integre no xenoma da célula hóspede. É tamén unha das dianas principais para os fármacos antivirais.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos