John Napier: Diferenzas entre revisións
m engado a Categoría:Nados en Edimburgo mediante HotCat |
táboa de biografía |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Científico |
|||
⚫ | |||
|nome = {{PAGENAME}} |
|||
[[Ficheiro:John Napier (Neper).jpg|miniatura|dereita|200px|John Napier.]] |
|||
|imaxe = John Napier (Neper).jpg |
|||
|ancho_imaxe = 220px |
|||
|texto_imaxe = John Napier. |
|||
|nacemento = 1550 |
|||
|lugar_nacemento = [[Edimburgo]] |
|||
|morte = {{data|4|04|1617}} (66-67 anos) |
|||
|lugar_morte = [[Edimburgo]] |
|||
|residencia = |
|||
|nacionalidade = Escocés |
|||
|cónxuxe = |
|||
|etnia = |
|||
|campo = [[Matemáticas|Matemático]] |
|||
|alma_mater = [[Universidade de St Andrews]] |
|||
|director_tese = |
|||
|alumnos_tese = |
|||
|coñecido = Logaritmos |
|||
|influíu = |
|||
|influído = |
|||
|premios = |
|||
|relixión = |
|||
|notas = |
|||
}} |
|||
'''John Napier''', barón de [[Merchiston]], nado en [[Edimburgo]] en [[1550]] e finado o [[4 de abril]] de [[1617]], foi un [[matemático]] [[Escocia|escocés]], recoñecido por descubrir os [[logaritmo]]s. |
'''John Napier''', barón de [[Merchiston]], nado en [[Edimburgo]] en [[1550]] e finado o [[4 de abril]] de [[1617]], foi un [[matemático]] [[Escocia|escocés]], recoñecido por descubrir os [[logaritmo]]s. |
||
⚫ | |||
== Traxectoria == |
== Traxectoria == |
||
Naceu no [[castelo de Merchiston]] en 1550, sen que se saiba a data exacta. Aos trece anos, en [[1563]], comezou os seus estudos na Universidade de Saint-Andrews, da que saíu anos máis tarde para viaxar por [[Europa]]. regresou a Merchiston en [[1571]] e casou ao ano seguinte, administrando a partir daquela os bens da familia por encomenda do seu pai, ao tempo que continuaba os seus estudos de [[matemáticas]] e [[teoloxía]]. |
Naceu no [[castelo de Merchiston]] en 1550, sen que se saiba a data exacta. Aos trece anos, en [[1563]], comezou os seus estudos na Universidade de Saint-Andrews, da que saíu anos máis tarde para viaxar por [[Europa]]. regresou a Merchiston en [[1571]] e casou ao ano seguinte, administrando a partir daquela os bens da familia por encomenda do seu pai, ao tempo que continuaba os seus estudos de [[matemáticas]] e [[teoloxía]]. |
Revisión como estaba o 10 de marzo de 2015 ás 20:23
John Napier, barón de Merchiston, nado en Edimburgo en 1550 e finado o 4 de abril de 1617, foi un matemático escocés, recoñecido por descubrir os logaritmos.
Coa redución do traballo de varios meses de cálculo a uns poucos días, o invento dos logaritmos parece ter duplicado a vida dos astrónomos.
Traxectoria
Naceu no castelo de Merchiston en 1550, sen que se saiba a data exacta. Aos trece anos, en 1563, comezou os seus estudos na Universidade de Saint-Andrews, da que saíu anos máis tarde para viaxar por Europa. regresou a Merchiston en 1571 e casou ao ano seguinte, administrando a partir daquela os bens da familia por encomenda do seu pai, ao tempo que continuaba os seus estudos de matemáticas e teoloxía.
Malia pasar á posteridade polas súas achegas no campo da matemática, para Napier era esta unha actividade de distracción, mentres que a súa preocupación fundamental era a exexese do Apocalipse, á que se consagrou desde a súa estadía no colexio. Froito deste labor foi a publicación Descubrimentos de todos os secretos da Apocalipse de San Xoán por dous tratados: un que busca e proba a verdadeira interpretación, e outro que aplica ao texto esta interpretación parafrástica e historicamente. A orixinalidade do seu estudo é a aplicación do formalismo matemático na argumentación, de xeito que, admitindo certos postulados, chega a demostrar as súas proposicións. Entre elas, Napier prediciu a fin do mundo para os anos 1668 a 1700. [Cómpre referencia]
En 1614 Napier publica a súa obra Mirifici Logarithmorum Canonis Descriptio, ejusque usus in utroque Trigonometria; ut etiam in omni logistica mathematica, amplissimi, facillimi, et expeditissimi explicatio, na que dá a coñecer os logaritmos que el chamou números artificiais. Nesta obra promete unha explicación que a morte lle impediu publicar, mas que foi engadida polo seu fillo Robert na segunda edición publicada en 1619.
Grazas a estes números as multiplicacións poden substituirse por sumas, as divisións por restas, as potencias por produtos e as raíces por divisións, o que non só simplificou enormemente a realización manual dos cálculos matemáticos, senón que permitiu realizar outros que sen a súa invención non terían sido posíbeis.
En 1617 apareceu a súa obra Rabdologiæ seu numerationis per virgulas libri duo: cum appendice expeditissimo multiplicationis promptuario, quibus accesit et arithmeticæ localis liber unus, na que describe o ábaco neperiano.
Véxase tamén
Bibliografía
- Diccionario Enciclopédico Hispano-Americano, Montaner i Simon (1893).