Proteína fibrosa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{entradución}}
[[Ficheiro:Collagentriplehelix.png|miniatura|dereita|79px|Triple hélice do [[tropocoláxeno]], unha proteína fibrosa.]]
[[Ficheiro:Collagentriplehelix.png|miniatura|dereita|79px|Triple hélice do [[tropocoláxeno]], unha proteína fibrosa.]]
As '''proteínas fibrosas''', '''proteínas filamentosas''' ou '''escleroproteínas''' son proteínas de forma alongada e insolubles con función estrutural. Constitúen un dos grandes tipos estruturais de proteínas, xunto coas [[proteína globular|proteínas globulares]].

Revisión como estaba o 28 de setembro de 2014 ás 12:18

Triple hélice do tropocoláxeno, unha proteína fibrosa.

As proteínas fibrosas, proteínas filamentosas ou escleroproteínas son proteínas de forma alongada e insolubles con función estrutural. Constitúen un dos grandes tipos estruturais de proteínas, xunto coas proteínas globulares.

Exemplos son as queratinas, o coláxeno, a elastina, e a fibroína. As funcións exercidas por estas proteínas son estruturais, como o sostén, protección, formación do tecido conectivo, tendóns, tecido óseo, e tecido muscular.[1][2]

Estrutura

As escleroproteínas forman longos filamentos proteicos, formados por moitas moléculas da proteína. Aparecen como agregados insolubles, debido ás cadeas laterais hidrofóbicas que colgan da molécula.

A secuencia peptídica de moitas escleroproteínas xeralmente contén unha variedade limitada de residuos de aminoácidos que se repiten; ás veces forman estruturas secundarias especiais, como a hélice do coláxeno. As estruturas a miúdo están enlazadas coas adxacentes por medio de enlaces de hidróxeno ou de pontes disulfuro entre cisteínas.

En xeral, as escleroproteínas non se desnaturalización tan facilemnte como as proteínas globulares, e son practicamente insolubles e inertes.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas