Poalla: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
{{ciencia en progreso}}
Liña 1: Liña 1:
{{ciencia en progreso}}

[[Ficheiro:Boy in the rain.JPG|dereita|miniatura|250px|Neno xogando nunha tarde de poalla e [[néboa]].]]
[[Ficheiro:Boy in the rain.JPG|dereita|miniatura|250px|Neno xogando nunha tarde de poalla e [[néboa]].]]



Revisión como estaba o 20 de setembro de 2014 ás 16:32

Modelo:Ciencia en progreso

Neno xogando nunha tarde de poalla e néboa.

A poalla é un tipo de precipitación meteorolóxica caracterizada por ter un tamaño de gota pequeno (usualmente menor de 0,5 mm de diámetro) dando a impresión de que as gotas flotan en vez de caer. A poalla orixínase en nubes relativamente baixas e de pouco desenvolvemento vertical como son os estratocúmulos.

Aínda que a súa intensidade é usualmente menor á da choiva, a poalla pode ser o suficientemente copiosa como para producir acumulacións da orde de 1 mm/h.

Recibe tamén os nomes de babuña, babuxa, barbaña, barbuza, barrallo, barrufa, barruñeira, barruzo, borralla, breca, chuvisca, chuviscada, chuviñada, froallo, lapiñeira, marmaña, mollaparvos, melear, orballo, parruma, parrumada, patiñeira, patumeira, poallada, poalleira, poallo ou zarzallo.