Farelo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 36 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q188672
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:WheatBran.jpg|250px|miniatura|Farelo de trigo.]]
[[Ficheiro:WheatBran.jpg|250px|miniatura|Farelo de trigo.]]
[[Ficheiro:Salvado de avena.jpg|miniatura|Farelo de avea.]]
[[Ficheiro:Salvado de avena.jpg|miniatura|Farelo de avea.]]
O '''farelo''' é a parte envolvente dos grans de [[cereal|cereais]] que se separa da [[fariña]] despois da [[moenda]]. Tradicionalmente separábase para obter unha fariña máis branca e, consecuentemente, un pan tamén máis branco porque parecía de máis calidade. Hoxe en día, co desenvolvemento das Ciencias da [[Nutrición]], recoñécese o seu valor nutritivo polo seu contido sobre todo rico en [[Fibra alimentaria|fibra]]. Soe tomarse só ou mesturado con líquidos ou iogur para facilitar o tránsito [[intestino|intestinal]].
O '''farelo''' é a parte envolvente dos grans de [[cereal|cereais]] que se separa da [[fariña]] despois da [[moenda]]. Tradicionalmente separábase para obter unha fariña máis branca e, consecuentemente, un pan tamén máis branco porque parecía de máis calidade. Hoxe en día, co desenvolvemento das Ciencias da [[Nutrición]], recoñécese o seu valor nutritivo polo seu contido sobre todo rico en [[Fibra alimentaria|fibra]]. Adoita tomarse só ou mesturado con líquidos ou iogur para facilitar o tránsito [[intestino|intestinal]].


==Composición==
==Composición==

Revisión como estaba o 8 de setembro de 2014 ás 17:37

Farelo de trigo.
Farelo de avea.

O farelo é a parte envolvente dos grans de cereais que se separa da fariña despois da moenda. Tradicionalmente separábase para obter unha fariña máis branca e, consecuentemente, un pan tamén máis branco porque parecía de máis calidade. Hoxe en día, co desenvolvemento das Ciencias da Nutrición, recoñécese o seu valor nutritivo polo seu contido sobre todo rico en fibra. Adoita tomarse só ou mesturado con líquidos ou iogur para facilitar o tránsito intestinal.

Composición

O farelo é o resultado dun proceso de peneirado da fariña despois da moenda dos grans de cereais. Está formado polo envoltorio dos grans, que conta con cinco capas que, desde fóra para dentro, son:

  1. A codia da caixa, a cutícula
  2. A segunda, o epicarpo
  3. A terceira, o endocarpo
  4. A cuarta, o tegumento
  5. A quinta e máis interna, a aleurona

O farelo contén celulosa, polisacáridos, proteínas, graxa, minerais e auga. Supón preto do 15% en peso do cereal.

Usos

Quizais o máis usado é o farelo de trigo, pero tamén se comercializan doutros cereais, como a avea, o centeo, o arroz, etc.

Tradicionalmente usábase en gandeiría como alimento para os animais, como sucedía con outros subprodutos da actividade agroalimentaria.

Actualmente, converteuse nun complemento nutricional común polos seus nutrientes e a fibra que contén. Recoméndase a toma especialmente para facilitar as evacuacións intestinais cando se volven duras ou insuficientes.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas