Instituto Enerxético de Galicia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ArtaiGZ (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
ArtaiGZ (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 24: Liña 24:
A súa razón de ser é a de regular e harmonizar a utilización dos diferentes recursos enerxéticos do País, coa fin de reducir na medida do posíbel a dependenza económica enerxética exterior.
A súa razón de ser é a de regular e harmonizar a utilización dos diferentes recursos enerxéticos do País, coa fin de reducir na medida do posíbel a dependenza económica enerxética exterior.


Dende [[2009]] o seu presidente é [[Eliseo Diéguez García]].<ref>{{cita novas|nome=Galicia Hoxe|título=Eliseo Diéguez, novo presidente do INEGA.|url=http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/eliseo-dieguez-novo-presidente-do-inega/idEdicion-2009-06-19/idNoticia-438904/|editor=Galicia Hoxe|dataacceso=31 de xullo de 2014}}</ref>
Dende [[2009]] o seu presidente é [[Eliseo Diéguez García]].


== Obxectivos ==
== Obxectivos ==

Revisión como estaba o 31 de xullo de 2014 ás 11:04


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.

Instituto Enerxético de Galicia
Fundación:1999, Santiago de Compostela.
Presidente:Eliseo Diéguez García
http://www.inega.es/

O Instituto Enerxético de Galicia (coñecido co acrónimo INEGA) é un organismo autónomo da Xunta de Galicia creado no ano 1999 e que se rexe basicamente pola Lei 3/1999, do 11 de marzo ao abeiro das competencias que outorga o artigo 13.2 do Estatuto de Autonomía de Galicia.[1] Dende a súa constitución, defínese coma ente de dereito público, con personalidade xurídica e patrimonio propios. A súa sede atópase en Santiago de Compostela.

A súa razón de ser é a de regular e harmonizar a utilización dos diferentes recursos enerxéticos do País, coa fin de reducir na medida do posíbel a dependenza económica enerxética exterior.

Dende 2009 o seu presidente é Eliseo Diéguez García.[2]

Obxectivos

Segundo establece a Consellería de Economía e Industria, os obxectivos do INEGA son:

  • O fomento e o pulo de iniciativas para a mellora da investigación enerxética en Galicia.
  • O estudo e o apoio de actuacións para o seu coñecemento.
  • O desenvolvemento e a aplicación de novas tecnoloxías (incluídas as renovábeis).
  • A mellora do aforro e a eficiencia.
  • O fomento do uso racional da enerxía.
  • A óptima xestión dos recursos enerxéticos nos distintos eidos económicos de Galicia.
  • A participación na xestión e prestación, se é o caso, de servizos noutros campos sinérxicos ó enerxético, de acordo coas directrices do Goberno no ámbito das súas competencias.

Notas

  1. BOPG (ed.). "Lei 3/1999, do 11 de marzo, de creación do Instituto Enerxético de Galicia" (PDF). Consultado o 31 de xullo de 2014. 
  2. Galicia Hoxe (ed.). "Eliseo Diéguez, novo presidente do INEGA.". Consultado o 31 de xullo de 2014.  |first1= sen |last1= in Authors list (Axuda)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas