Abdul Fata al-Sisi: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Imaxe:Egyptian Minister of Defense Abdel Fatah Al Sisi.jpg|dereita|miniatura|200px]]
[[File:Abdel Fattah el-Sisi.jpg|dereita|miniatura|200px]]
[[File:General Al Sisi.jpg|200px|thumb|right| Abdul Fatah Saeed Hussein Khalil Al-Sisi ]]
[[File:General Al Sisi.jpg|200px|thumb|right| Abdul Fatah Saeed Hussein Khalil Al-Sisi ]]
'''Abdul Fatah al-Sisi''', nado no [[O Cairo|Cairo]] o [[19 de novembro]] de [[1954]], é un militar e político [[Exipto|exipcio]], que foi comandante en xefe das [[Forzas Armadas Exipcias]] e mais tamén ministro de defensa entre o 12 de agosto de 2012 e o 26 de marzo de 2014.<ref name=ao26mar>{{cita web|url=http://english.ahram.org.eg/NewsContent/1/64/97612/Egypt/Politics-/Egypts-ElSisi-bids-military-farewell,-says-he-will.aspx|título=Egypt's El-Sisi bids military farewell, says he will run for presidency|publisher=Ahram Online|data=26 de marzo 2014|accessdate=26 de marzo 2014}}</ref>. Como xefe das forzas armadas xogou un papel principal na caída do presidente [[Muhamed Mursi]] durante o golpe de estado de 2013 logo das masivas protestas contra Morsi e o seu goberno. O 26 de marzo de 2014 anunciou a súa candidatura a presidente nas eleccións de 2014<ref name=ao26mar/>.
'''Abdul Fatah al-Sisi''', nado no [[O Cairo|Cairo]] o [[19 de novembro]] de [[1954]], é un militar e político [[Exipto|exipcio]], que foi comandante en xefe das [[Forzas Armadas Exipcias]] e mais tamén ministro de defensa entre o 12 de agosto de 2012 e o 26 de marzo de 2014.<ref name=ao26mar>{{cita web|url=http://english.ahram.org.eg/NewsContent/1/64/97612/Egypt/Politics-/Egypts-ElSisi-bids-military-farewell,-says-he-will.aspx|título=Egypt's El-Sisi bids military farewell, says he will run for presidency|publisher=Ahram Online|data=26 de marzo 2014|accessdate=26 de marzo 2014}}</ref>. Como xefe das forzas armadas xogou un papel principal na caída do presidente [[Muhamed Mursi]] durante o golpe de estado de 2013 logo das masivas protestas contra Morsi e o seu goberno. O 26 de marzo de 2014 anunciou a súa candidatura a presidente nas eleccións de 2014<ref name=ao26mar/>.

Revisión como estaba o 4 de xuño de 2014 ás 22:20

Abdul Fatah Saeed Hussein Khalil Al-Sisi

Abdul Fatah al-Sisi, nado no Cairo o 19 de novembro de 1954, é un militar e político exipcio, que foi comandante en xefe das Forzas Armadas Exipcias e mais tamén ministro de defensa entre o 12 de agosto de 2012 e o 26 de marzo de 2014.[1]. Como xefe das forzas armadas xogou un papel principal na caída do presidente Muhamed Mursi durante o golpe de estado de 2013 logo das masivas protestas contra Morsi e o seu goberno. O 26 de marzo de 2014 anunciou a súa candidatura a presidente nas eleccións de 2014[1].

Al-Sisi como ministro de defensa nunha xuntanza no Cairo co secretario de defensa norteamericano Chuck Hagel

Carreira militar

Fillo de pequenos comerciantes cairotas[2], formouse na Academia Militar Exipcia, onde se graduou en 1977 servindo na infantería mecanizada, especializándose en técnicas de loita antitanque e de emprego táctico do morteiro, realizando cursos de estado maior en academias militares do Reino Unido e os Estados Unidos. Foi agregado militar en Arabia Saudita e en 2008 xefe da rexión militar norte con sede en Alexandría. Foi vicedirector e director da Oficina de Intelixencia Militar e Reocñecemento[3]. Logo da caída de Hosni Mubarak en 2011 foi o membro máis novo do Consello Supremo das Forzas Armadas. O 12 de agosto de 2012 o presidente Mursi promoveuno a xeneral e nomeouno xefe do exército e ministro de defensa en substitución de Tantawi[4].

Al-Sisi en 2013

Golpe de estado

O 30 de xuño de 2013, en resposta ao movemento de protesta contra Mursi producíronse masivas demostracións na capital e noutras cidades, producíndose choques cos partidarios do presidente. O exército lanzou por televisión de 48 horas para que se resolvese a situación ameazando con intervir se continuaban[5]. O presidente Mursi rexeitou o ultimato do exército. O 3 de xullo 2013 declarou que Mursi fallara en construír un consenso nacional e instalou como xefe de estado interino a Adli Mansur ordenando o arresto de varios membros do partido de Mursi, a Irmandade Musulmá[6]. Al-Sisi compareceu na televisión e anunciou que o presidente fallaran en satisfacer as demandas do pobo exipcio e declarou que a constitución quedaba suspendida. Ao seu chamado realizáronse demostracións de apoio á acción do exército por todo o país o 23 de xullo de 2013 ao que acudiron millóns de persoas [7]. En agosto de 2013 baixo o comando de al-Sisi botaron abaixo os campamentos dos irmáns musulmáns que se instalaran por todo o país, a acción resultou nunha escalada de violencia que ocasionou 638 mortos e case 4000 feridos, algúns activistas liberais que apoiaran ao exército condenaron a acción [8][9][10].

Candidato a presidente

O 27 de xaneiro de 2014 al-Sisi ascendeu a mariscal[11], e nese mesmo día presentoulle a súa dimisión ao Consello Supremo das Forzas Armadas para presentar a súa candidatura ás eleccións presidenciais de 2014 e o 26 de marzo deixou o posto de ministro de defensa [12] e en abril presentou os asinamentos precisos para concorrer ás eleccións, algo que só logrou outro candidato, Hamdin Sabahi.

Notas

  1. 1,0 1,1 "Egypt's El-Sisi bids military farewell, says he will run for presidency". Ahram Online. 26 de marzo 2014. Consultado o 26 de marzo 2014. 
  2. Abdel al-Sisi, Les echos, 3 de febreiro de 2014
  3. "Abdul Fattah al-Sisi: New face of Egypt's old guard", BBC News, 26 de marzo de 2014
  4. "Morsy assumes power: Sacks Tantawi and Anan, reverses constitutional decree and reshuffles SCAF". Daily News Egypt. 12 de agosto de 2012. Consultado o 26 de xullo de 2013. 
  5. Al Jazeera, ed. (3 de xullo de 2013). "Profile: General Abdel Fattah Al Sisi". Consultado o 3 de xullo de 2013. 
  6. Al Jazeera, ed. (3 de xullo 2013). "Egypt Orders Mass Arrests of Muslim Brotherhood Members". Consultado o 3 de xullo de 2013. 
  7. Associated Press, ed. (26 de xullo de 2013). "Egypt rights groups voice misgiving about army's call for rallies". Consultado o 26 de xullo de 2013. 
  8. Reuters, ed. (15 de xullo de 2013). "Army embrace starts to worry some Egyptians". Consultado o 26 de xullo de 2013. 
  9. "Death toll from Egypt violence rises to 638: Health ministry". Al-Ahram. 15 de agosto de 2013. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2013. Consultado o 19 de agosto de 2013. 
  10. David D. Kirkpatrick (15 de agosto de 2013). "Islamists Debate Their Next Move in Tense Cairo". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2013. Consultado o 19 de agosto de 2013. 
  11. Égypte: l'armée désigne son chef, Abdel Fattah al-Sissi, comme candidat à la présidentielle, RFI, 28 de xaneiro de 2014.
  12. La démission de Sissi remise au président, Le Figaro, 26 de marzo de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas