Norman Jewison: Diferenzas entre revisións
Adaptado de en.wiki |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 26 de abril de 2014 ás 22:22
Modelo:Actor Norman Frederick Jewison, nado en Toronto o 21 de xullo de 1926 é un director de cinema canadense.
Traxectoria
Comezou a amosar o seu talento para o teatro na escola. Durante a Segunda Guerra Mundial serviu na Royal Canadian Navy (1944–1945) e tras acabar a contenda viaxou por Suramérica, onde descubriu a segregación que influiría no seu traballo posterior.
Tras graduarse na universidade en 1949 marchou a Londres, traballando como guionista para un espectáculo infantil e como actor para a BBC. Volveu ao seu país en 1951, para preparar o lanzamento da CBC Television, na que foi guionista, director e produtor.
En 1958 foi contratado pola CBS en Nova York. O actor Tony Curtis, nunha visita ao estudio, suxeriulle que dirixise un filme. Jewison non volveu á televisión ata a década de 1990. Debutou no cinema con Forty Pounds of Trouble (1962), protagonizada por Curtis. Os seus seguintes filmes foron tamén comedias lixeiras, ata que decidiu apartarse do xénero a mediados de década de 1960.
En 1967 dirixiu In the Heat of the Night, que gañou o Oscar ó mellor filme.
Filmografía
- 40 Pounds of Trouble (1963)
- The Thrill of It All (1963)
- Send Me No Flowers (1964)
- The Art of Love (1965)
- The Cincinnati Kid (1965)
- The Russians Are Coming, the Russians Are Coming (1966)
- In the Heat of the Night (1967)
- The Thomas Crown Affair (1968)
- Gaily, Gaily (1969)
- Fiddler on the Roof (1971)
- Jesus Christ Superstar (1973)
- Rollerball (1975)
- F.I.S.T. (1978)
- ...And Justice for All (1979)
- Best Friends (1982)
- A Soldier's Story (1984)
- Agnes of God (1985)
- Moonstruck (1987)
- In Country (1989)
- Other People's Money (1991)
- Only You (1994)
- Bogus (1996)
- The Hurricane (1999)
- The Statement (2003)
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Norman Jewison |