Francisco Suárez García: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 21: Liña 21:


{{ORDENAR:Suarez Garcia, Francisco}}
{{ORDENAR:Suarez Garcia, Francisco}}
[[Categoría:Deputados galegos]]
[[Categoría:Deputados de Galicia]]
[[Categoría:Alcaldes de Ferrol]]
[[Categoría:Alcaldes de Ferrol]]
[[Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público]]
[[Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público]]

Revisión como estaba o 23 de abril de 2014 ás 18:13

Francisco Suárez García, nado en Ferrol o 31 de marzo de 1827 e finado na mesma cidade o 15 de marzo de 1900, foi un xornalista, escritor e político galego.

Traxectoria

Estudou para piloto da Armada, pero abandonou a carreira naval en 1848. Emigrou a Uruguai e Arxentina, onde ocupou diversos cargos e colaborou en publicacións como El Comercio, Diario de Corrientes. En 1857 foi designado director de Instrución Pública da República Arxentina e publicou o tratado Puntualización y ortografía. Regresou a Ferrol en 1860 e estableceu unha academia de ensino. En 1867 mercou a imprenta coruñesa de C. Míguez e trasladouna a Ferrol onde imprimiu diversos xornais e dirixiu El Eco Ferrolano (1864-1869). Presidente do comité do Partido Republicano Democrático Federal, foi alcalde da cidade tras o pronunciamento antimonárquico da Armada, en outubro de 1868. En 1871 fundou o periódico El Trabajo, dende o que preconizou o diálogo con calquera opositor político. Participou na sublevación federalista-cantonal ferrolá de outubro de 1872 e en 1873 foi elixido deputado por Ferrol. Coa Restauración estivo desterrado en Portugal e, expulsado, exiliouse en París ata 1877. Interveu nas conspiracións republicanas do último terzo do século XIX, e mantivo a súa actividade como propagandista fundando e dirixindo La Democracia. Foi un dos fundadores do Ateneo Artístico (1879) e pertenceu á xunta que dirixiu a Escola de Artes e Oficios ferrolá.


Predecesor:
?
 
Alcalde de Ferrol
 
1868
Sucesor:
?

Obras

  • Los guaranies o la cruz milagrosa, 1861.
  • Los invasores.
  • Los demócratas.
  • El Ángel de la libertad.
  • Grandal, 1897.

Véxase tamén

Ligazóns externas