Cidade de Panamá: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 12 de abril de 2014 ás 11:50

Coordenadas: 8°59′N 79°31′O / 8.983, -79.517 Modelo:Cidade

Vista aérea da cidade de Panamá

A cidade de Panamá (en español Panamá) é a capital administrativa e gubernativa do estado centroamericano de Panamá e a cidade máis importante do país, cunha poboación de máis de 800.000 habitantes, o que representa máis dun cuarto da poboación total de Panamá.

Está situada no sur do territorio, na provincia de Panamá, sobre a costa do Océano Pacífico e na entrada leste do Canal de Panamá. É o centro cultural, político e turístico da nación, e desde un punto de vista económico é, realmente, unha cidade de categoría mundial, pois é seguramente a capital financeira de Latinoamérica. Historicamente é tamén unha das máis antigas do continente de fundación europea, pois foi levantada en 1519.