Concilio Vaticano Segundo: Diferenzas entre revisións
m engado a Categoría:1962 mediante HotCat |
|||
Liña 7: | Liña 7: | ||
== Sesións == |
== Sesións == |
||
=== Primeira sesión ( |
=== Primeira sesión (outono de 1962) === |
||
O Papa abriu o concilio o día [[11 de outubro]] de [[1962]] nunha sesión pública na que figuraban representantes eclesiásticos e políticos. Despois dunha misa, o Papa leu un discurso titulado ''Gaudet Mater Ecclesia'' (A Madre Igrexa alégrase), no que cargou contra aqueles que vaticinaban a fin da Igrexa e salientou a súa dimensión pastoral. |

Liña 14: | Liña 14: | ||
Estas conversacións remataron o [[8 de decembro]] dese mesmo ano, e non puideron volver a comezar ata un ano máis tarde debido á morte do Papa [[Xoán XXIII]] o [[3 de xuño]] de [[1963]]. |
Estas conversacións remataron o [[8 de decembro]] dese mesmo ano, e non puideron volver a comezar ata un ano máis tarde debido á morte do Papa [[Xoán XXIII]] o [[3 de xuño]] de [[1963]]. |
||
=== Segunda sesión ( |
=== Segunda sesión (outono de 1963) === |
||
Tras ser elixido como Papa, [[Paulo VI, papa|Paulo VI]] continuou co labor conciliar do seu predecesor. O [[29 de setembro]] facía público un documento no que establecía claramente os catro obxectivos do Concilio: |

* Definir mellor a natureza da Igrexa e o papel do bispo. |
* Definir mellor a natureza da Igrexa e o papel do bispo. |
||
Liña 23: | Liña 23: | ||
Neste segundo período, os bispos aprobaron a constitución ''Sacrosantum Concilium'' (relativa á liturxia) e o documento ''Inter Mirifica'' (referente á presenza da Igrexa nos medios de "comunicación social"). O [[4 de decembro]] pechouse a segunda sesión. |

=== Terceira sesión ( |
=== Terceira sesión (outono de 1964) === |
||
Empezada o [[14 de setembro]] de [[1964]], baseouse en numerosos asuntos da Igrexa. Aprobáronse tres documentos: ''Unitatis Redintegratio'' (sobre o [[ecumenismo]] ou reunificación dos cristiáns), ''Orientalium Ecclesiarum'' (sobre as Igrexas orientais) e ''Lumen Gentium'' (sobre a mesma Igrexa Católica). |

Tras numerosas controversias, a sesión rematou o [[21 de novembro]] dese mesmo ano. |
Tras numerosas controversias, a sesión rematou o [[21 de novembro]] dese mesmo ano. |
||
[[Ficheiro:Pope_Paul_VI._1967.jpg|miniatura|esquerda|Paulo VI, papa que pechou o Concilio]] |
[[Ficheiro:Pope_Paul_VI._1967.jpg|miniatura|esquerda|Paulo VI, papa que pechou o Concilio]] |
||
=== Cuarta sesión ( |
=== Cuarta sesión (outono de 1965) === |
||
A cuarta e última sesión do concilio, e a terceira presidida por Paulo VI, abriuse o [[14 de setembro]] de [[1965]]. Aprobáronse catro documentos: |
A cuarta e última sesión do concilio, e a terceira presidida por Paulo VI, abriuse o [[14 de setembro]] de [[1965]]. Aprobáronse catro documentos: |
||
* ''Dignitatis Humanae'' (que foi aprobado malia o rexeitamento de 224 dos bispos), co que a Igrexa recoñecía a liberdade de relixión. |
* ''Dignitatis Humanae'' (que foi aprobado malia o rexeitamento de 224 dos bispos), co que a Igrexa recoñecía a liberdade de relixión. |
Revisión como estaba o 14 de marzo de 2014 ás 21:31
O Concilio Vaticano Segundo ou Segundo Concilio Ecuménico do Vaticano foi un Concilio ecuménico da Igrexa Católica, comezado baixo o papado de Xoán XXIII (1962) e finalizado con Paulo VI en 1965.
Situación previa
A época previa á convocatoria do Concilio Vaticano II caracterizárase pola existencia de grandes cambios dentro do seo da Igrexa Católica. Por un lado, xurdiran novas correntes teolóxicas; teólogos católicos como Karl Rahner, Joseph Ratzinger, Yves Congar ou Hans Urs von Balthasar abriran novos camiños ao pensamento cristián ; por outro, os bispos tiñan que afrontar unha nova situación política, económica, social e técnica. Ademais, o inconcluso Concilio Vaticano Primeiro, case un século antes, deixara moitas cuestións dogmáticas sen fixar.
O Papa Xoán XXIII anunciou a súa vontade de convoca-lo concilio apenas tres meses após ter sucedido a Pío XII. O seu obxectivo facéndoo era, segundo el mesmo, "Abri-las fiestras da Igrexa para que poidamos mirar cara a fóra e a xente poida mirar cara dentro". De feito, non só invitou a tódolos bispos da Igrexa ó concilio, senón tamén a representantes dos protestantes e ortodoxos.
Sesións
Primeira sesión (outono de 1962)
O Papa abriu o concilio o día 11 de outubro de 1962 nunha sesión pública na que figuraban representantes eclesiásticos e políticos. Despois dunha misa, o Papa leu un discurso titulado Gaudet Mater Ecclesia (A Madre Igrexa alégrase), no que cargou contra aqueles que vaticinaban a fin da Igrexa e salientou a súa dimensión pastoral.
Os temas tratados nesta primeira época do Concilio incluían a liturxia, a misa, as igrexas orientais que recoñecían o Papa e a natureza da revelación.
Estas conversacións remataron o 8 de decembro dese mesmo ano, e non puideron volver a comezar ata un ano máis tarde debido á morte do Papa Xoán XXIII o 3 de xuño de 1963.
Segunda sesión (outono de 1963)
Tras ser elixido como Papa, Paulo VI continuou co labor conciliar do seu predecesor. O 29 de setembro facía público un documento no que establecía claramente os catro obxectivos do Concilio:
- Definir mellor a natureza da Igrexa e o papel do bispo.
- Renova-la Igrexa.
- Reunificar tódalas confesións cristiás.
- Comezar a dialogar co mundo actual.
Neste segundo período, os bispos aprobaron a constitución Sacrosantum Concilium (relativa á liturxia) e o documento Inter Mirifica (referente á presenza da Igrexa nos medios de "comunicación social"). O 4 de decembro pechouse a segunda sesión.
Terceira sesión (outono de 1964)
Empezada o 14 de setembro de 1964, baseouse en numerosos asuntos da Igrexa. Aprobáronse tres documentos: Unitatis Redintegratio (sobre o ecumenismo ou reunificación dos cristiáns), Orientalium Ecclesiarum (sobre as Igrexas orientais) e Lumen Gentium (sobre a mesma Igrexa Católica).
Tras numerosas controversias, a sesión rematou o 21 de novembro dese mesmo ano.
Cuarta sesión (outono de 1965)
A cuarta e última sesión do concilio, e a terceira presidida por Paulo VI, abriuse o 14 de setembro de 1965. Aprobáronse catro documentos:
- Dignitatis Humanae (que foi aprobado malia o rexeitamento de 224 dos bispos), co que a Igrexa recoñecía a liberdade de relixión.
- Gaudium et Spes, que supuxo unha renovación do papel da Igrexa na sociedade actual.
- Ad Gentes, referido ós misioneiros.
- Presbyterorum Ordinis, que regulamentou o sacerdocio.
Outros documentos, que foran tratados en sesións anteriores, foron definitivamente aprobados neste período. Neste grupo inclúese Christus Dominus (sobre os bispos), Perfectae Caritatis (sobre as ordes relixiosas), Optatam Totius (sobre a educación dos sacerdotes), Gravissimum Educationis (sobre a educación cristiá) e Apostolicam Actuositatem (sobre o papel dos laicos).
Coa aprobación de Nostra Aetate, a Igrexa deixou claro que os xudeus de hoxe en día teñen tanta culpa sobre a morte de Cristo coma os propios cristiáns.
Un dos momentos máis salientables do período conciliar foi o encontro de Paulo VI e o Patriarca Atenágoras, ortodoxo, símbolo do achegamento das dúas igrexas.
O 8 de decembro de 1965, o Concilio quedou formalmente pechado.
Asuntos
A Igrexa
Se cadra, a constitución máis importante de todo o Concilio Vaticano II foi Lumen Gentium.
No seu primeiro capítulo, establécese claramente que "a única Igrexa de Cristo" é a Igrexa Católica Romana, fundada por Cristo na persoa de San Pedro. Malia todo, engade o documento, "moitos elementos de santificación e de verdade poden atoparse fóra dos seus límites".
No segundo capítulo, ensínase que o desexo de Deus é salvar á humanidade en conxunto. Por iso, tódolos pobos do mundo están invitados á Igrexa; e incluso aqueles que non pertencen a ela poden estar, dalgunha forma, "ligados a ela", co que se suxire que os protestantes, os ortodoxos e, incluso, os xudeus e musulmáns, poden atopa-la salvación dentro das súas propias crenzas.
O terceiro capítulo esténdese sobre a figura do Papa como líder da Igrexa e mailos seus cardeais e bispos. Nos seguintes capítulos, menciónanse numerosos aspectos da Igrexa, algúns deles moi controvertidos, como o referente á Virxe María.
Liturxia
O efecto máis inmediato do Concilio Vaticano II foi o establecemento dunha liturxia máis achegada ó pobo, que incluía a substitución do latín polas linguas propias de cada lugar, para facilita-la comprensión dos fieis e que en Galicia foi liderada por Quiroga Palacios.
Algo semellante ocorreu cos textos sagrados (a Igrexa comprometeuse a traducilos ás linguas de cada lugar).
Documentos Conciliares
- Constitucións:
- Sacrosanctum concilium: sobre a liturxia.
- Dei Verbum: sobre a Revelación de Deus.
- Lumen gentium: sobre a Igrexa.
- Gaudium et spes: sobre a Igrexa no mundo actual
- Decretos:
- Ad Gentes: sobre as misións.
- Apostolicam Actuositatem: sobre os leigos.
- Christus Dominus: sobre os bispos.
- Inter Mirifica: sobre os medios de comunicación social.
- Optatam Totius: sobre a formación dos sacerdotes.
- Orientalium Ecclesiarum: sobre as igrexas católicas orientais.
- Perfectae Caritatis: sobre os relixiosos.
- Presbyterorum Ordinis: sobre o sacerdocio.
- Unitatis Redintegratio: sobre o ecumenismo.
- Declaracións:
- Dignitatis Humanae: sobre a liberdade relixiosa.
- Gravissimum Educationis: sobre a educación cristiá.
- Nostra Aetate: sobre a relación coas relixións non cristiás.
Ademais dunha serie de mensaxes finais do Concilio.
Críticas ao Concilio
Algúns católicos especialmente conservadores manteñen que o Concilio Vaticano II afastou á Igrexa dos seus principios. Defenden que:
- A Igrexa debería considerarse o único e excluínte camiño á salvación de Cristo.
- Non debería permitirse a liberdade de culto.
- Debería mencionarse o Xuízo trala morte e a existencia do Ceo e do Inferno.
- A crenza da infalibilidade da Biblia debería ter sido afirmada.
- O latín debería seguir sendo a lingua litúrxica.
Así e todo, estes grupos son moi reducidos e a Igrexa Católica en xeral aceptou o contido do Concilio.