Cambios

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
[[bs:{{Fusión|John Cabot]]}}
[[Ficheiro:Bristol.john.cabot.500pix.jpg|miniatura|default|Estatua de Xoán Caboto en [[Bristol]].]]
'''Giovanni Caboto''' ou, ás veces, '''Xoán Caboto''', nado contra o 1450 e finado en 1499, foi un comerciante, navegante e explorador [[italia]]no considerado coma un dos primeiros europeos da época moderna en chegar en 1497 á parte continental de [[Norteamérica]].
 
 
===En Inglaterra===
O resultado deste cúmulo de situacións foi a mudanza de intencións de Caboto, quen se dirixiu a Inglaterra na busca de oportunidades, xa que neste reino aínda non se iniciaran as exploracións a tanta escala como nos países peninsulares. Así pois, en 1494 Caboto instálase en [[Bristol]] coa súa familia e inicia relacións con mercaderes do porto e mesmo co rei [[Enrique VII]]. A súa idea asemellábase á de Colón e pretendía chegar á Asia dirixíndose cara o oeste atravesando o Atlántico norte, xa que consideraba que esa ruta era máis rapidarápida que a recén descuberta por Colón.
 
En Inglaterra, Caboto conseguiu finalmente as axudas que lle foran denegadas en España e Portugal e os comerciantes de Bristol acordaron financiarlle a expedición. Non foi de estrañar, xa que os comerciantes deste porto eran coñecidos polas súas viaxes anteriores a Caboto, a redor de 1480, das que se di que nalgunha delas puideron alcanzar as costas de Terranova e Labrador nas súas ansias de busca de comercio.
 
==Viaxes==
[[Ficheiro:Matthew-BristolHarbour-Aug2004.jpg|miniatura|220px|Matthew de Xoán Caboto.]]
Enrique VII concedeulle a Caboto e ós seus tres fillos o dereito a buscar illas e países paganospagáns con cinco barcos que levarían a bandeira inglesa, baixo a que se sometían. A expedición partiu dende Bristol no ano 1497 e estaba encabezada polo Matthew, e a bordo do mesmo chegaron a [[Terranova|Newfoundland]], Canadá, crendo que chegaran ás costas asiáticas de [[Cipango]]. Caboto regresou a Inglaterra ó pouco tempo e un ano despois organizou outra viaxe na que se di que chegou ata [[Groenlandia]] polo norte e á [[baía de Chesapeake]] polo sur. A partir de 1499 non se tiveron máis noticias del.
 
Estes descubrimentos pode que non fosen de grande importancia económica, mais co tempo convertéronse na base para as reivindicacións inglesas sobre Norteamérica.
* [http://www.mgar.net/var/cias_ame.htm Historia - documentos americanos]
 
[[Categoría:Personalidades|Xoan CabotoExploradores]]
 
[[bs:John Cabot]]
[[fr:John Cabot]]
[[lt:Džonas Kabotas]]
[[pt:John Cabot]]
172.148

edicións

Menú de navegación