Xavier Manteiga: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
→‎Premios: arranxiño
Liña 33: Liña 33:
*Finalista do Premio Xerais de Novela 1996 con ''Sinfonía inacabada''.
*Finalista do Premio Xerais de Novela 1996 con ''Sinfonía inacabada''.
*Premio Xerais de Novela 1997 con ''Manancial''.
*Premio Xerais de Novela 1997 con ''Manancial''.
*Finalista do Premio Blanco Blanco Amor de novela 1999 con ''Ira''.
*Finalista do Premio Blanco Amor de novela 1999 con ''Ira''.
*Finalista do Premio García Barros de Novela 2005 con ''O soño de Caín''.
*Finalista do Premio García Barros de Novela 2005 con ''O soño de Caín''.
*Premio do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), do [[Ministerio de Cultura]], polo guión cinematográfico ''Ma Clon''.
*Premio do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), do [[Ministerio de Cultura]], polo guión cinematográfico ''Ma Clon''.

Revisión como estaba o 4 de outubro de 2013 ás 12:03

Xavier Manteiga Pousa, nado en Santiago de Compostela en 1968, é un escritor e guionista galego.

Traxectoria

É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Historia Contemporánea. Escritor prolífico, sen abandonar a creación literaria, nos últimos anos inclinouse polo mundo audiovisual, desenvolvendo diversos proxectos para a televisión e o cine, como a edición do equipo de guionistas do Show dos Tonechos.

Obras

Narrativa

  • Morrer na herba (1995).
  • Sinfonía inacabada (1996, Positivas).
  • Manancial (1997, Xerais), Premio Xerais.
  • Ira (2002).

Obras colectivas

  • Berra liberdade (1996, Galaxia).

Guións

  • Domingo Fontán para Tele 5 e T.V.G. (Nominado ao mellor documental no Festival de Cinema de Ourense, 1996).
  • Si, quero (TVG).
  • Erín
  • Tres en Un.
  • Pequeno hotel (TVG).
  • Ilegal.
  • Memorias dun pobo.
  • Curmáns.
  • Mundo verde.
  • Mona e Pera.
  • Con Perdón.
  • Terra de Miranda.
  • O show dos Tonechos (TVG).

Premios

  • Finalista do Premio Esquío de Poesía 1995 con As portas do inferno.
  • Finalista do Premio Xerais de Novela 1996 con Sinfonía inacabada.
  • Premio Xerais de Novela 1997 con Manancial.
  • Finalista do Premio Blanco Amor de novela 1999 con Ira.
  • Finalista do Premio García Barros de Novela 2005 con O soño de Caín.
  • Premio do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), do Ministerio de Cultura, polo guión cinematográfico Ma Clon.

Véxase tamén

Ligazóns externas