Allan Simonsen: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m *voltar -> volver
m amigabel>amigábel
Liña 27: Liña 27:


== Club ==
== Club ==
Nado en [[Vejle]], fixo o seu debut profesional co [[Vejle Boldklub]] (VB) no ano 1971. Ese mesmo ano e o seguinte conseguiría gaña-lo título de liga. Ademais, en [[1972]] tamén se fixeron coa [[Copa Danesa de Fútbol]]. É aquí cando debuta internacionalmente, chamado polo seleccionador [[Rudi Strittich]] para xogar un amigabel contra [[Selección de fútbol de Islandia|Islandia]] no mes de xullo. Simonsen anotou dous tantos do 5-2 co que gañou a [[Selección de fútbol de Dinamarca|selección dinamarquesa]].
Nado en [[Vejle]], fixo o seu debut profesional co [[Vejle Boldklub]] (VB) no ano 1971. Ese mesmo ano e o seguinte conseguiría gaña-lo título de liga. Ademais, en [[1972]] tamén se fixeron coa [[Copa Danesa de Fútbol]]. É aquí cando debuta internacionalmente, chamado polo seleccionador [[Rudi Strittich]] para xogar un amigábel contra [[Selección de fútbol de Islandia|Islandia]] no mes de xullo. Simonsen anotou dous tantos do 5-2 co que gañou a [[Selección de fútbol de Dinamarca|selección dinamarquesa]].


Ese verán participou co equipo olímpico nos [[Xogos Olímpicos de 1972|Xogos de 1972]], nos que anotou tres goles en seis encontros.
Ese verán participou co equipo olímpico nos [[Xogos Olímpicos de 1972|Xogos de 1972]], nos que anotou tres goles en seis encontros.

Revisión como estaba o 28 de agosto de 2013 ás 16:58

Modelo:InfFut

Allan Rodenkam Simonsen, nado o 15 de decembro de 1952, é un ex-futbolista e adestrador dinamarqués. Foi galardonado co Balón de Ouro en 1977. Segue a ser o único xogador que anotou cando menos un tanto nunha final da Copa de Europa, da Copa da UEFA e da Recopa.

Internacionalmente, Simonsen desputou 55 encontros, anotando 20 goles. Participou na Eurocopa de Fútbol 1984 e no Mundial de Fútbol México 1986, así coma nos Xogos Olímpicos de 1972.

Club

Nado en Vejle, fixo o seu debut profesional co Vejle Boldklub (VB) no ano 1971. Ese mesmo ano e o seguinte conseguiría gaña-lo título de liga. Ademais, en 1972 tamén se fixeron coa Copa Danesa de Fútbol. É aquí cando debuta internacionalmente, chamado polo seleccionador Rudi Strittich para xogar un amigábel contra Islandia no mes de xullo. Simonsen anotou dous tantos do 5-2 co que gañou a selección dinamarquesa.

Ese verán participou co equipo olímpico nos Xogos de 1972, nos que anotou tres goles en seis encontros.

Despois do gran torneo realizado, é fichado polo Borussia Mönchengladbach. En 1975 gañan a Bundesliga e a Copa da Uefa, con dous goles de Simonsen na final. Ao ano seguinte repetirían título de liga e tamén a Copa de Alemaña. En 1977 o Mönchengladbach gaña por terceira vez consecutiva a Bundesliga e chegan ata a final da Copa de Europa. Perderon por 3-1 contra o Liverpool FC. Simonsen anota o gol da honra. Este é o ano no que lle conceden o Balón de Ouro, premio ao mellor xogador europeo do ano. En 1979 e por segunda vez gaña co Mönchengladbach a Copa da UEFA, anotando o gol decisivo na final. A finais desa tempada ficharía polo FC Barcelona.

No Barça fíxose cun posto de titular nada mais chegar ao equipo, e Simonsen seguiu sumando títulos, como a Copa do Rei en 1981 e a Recopa en 1982. Coa chegada de Diego Armando Maradona ó clube catalán superábase o número de xogadores estranxeiros permitidos, así que o club viuse na obriga de vender a Simonsen.

Tras xogar uns meses no Charlton Athletic da segunda división inglesa, volveu á súa casa deportiva, o Vejle BK, en 1983 onde remataría a súa carreira.

Selección

Allan Simonsen foi un membro indidpensable da selección dinamarquesa baixo o mandato de Sepp Piontek.

Nas clasificatorias para a Eurocopa de 1984 anotou o gol decisivo nun encontro contra a Inglaterra, que rematou 1-0 e permitiu que Dinamarca acudira á fase final do torneo. Ese ano conseguiría un terceiro posto na lista do Balón de Ouro, é dicir o que se acostuma a chamar Balón de Bronce.

Xa no torneo, no primeiro encontro, contra a Francia Simonsen fractura unha perna e pérdese o que resta de competición. Aínda sen el, Dinamarca chegou ás semifinais.

Tamén participou no Mundial de México, en 1986, mais o fixo como reserva, desputando só un encontro.

Retiro

Despois do seu retiro fíxose co cargo de adestrador do propio Vejle BK, no que ficou dous anos. Máis tarde converteríase no seleccionador das Illas Feroe e de Luxemburgo

Títulos

Nacionais
Europeos