Uagadugú: Diferenzas entre revisións
m Xabier Cid moveu a páxina "Uagadugú - Ouagadougou" a "Uagadugú" sobre unha redirección |
m elimino a Categoría:Capitais; engado a Categoría:Capitais de África mediante HotCat |
||
Liña 61: | Liña 61: | ||
[[Categoría:Cidades de África|Uagadugú]] |
[[Categoría:Cidades de África|Uagadugú]] |
||
[[Categoría:Burquina Faso]] |
[[Categoría:Burquina Faso]] |
||
[[Categoría:Capitais]] |
[[Categoría:Capitais de África]] |
Revisión como estaba o 11 de xuño de 2013 ás 21:30
Uagadugú ou Ouagadougou á maneira francesa, denominada coloquialmente Uagá ou Ouaga, é a capital de Burquina Faso, sendo á vez a maior cidade do país, cunha poboación de 1,2 millóns de habitantes (2005), e aínda o centro cultural, económico e administrativo. Os habitantes de Ouagadougou son os Ouagalais (máis ou menos uagalé) ou Ouagavillois (uagavilluá).
A denominación orixinaria da cidade é « Woogrtenga » e « Wogodogo », que significa « aló onde se recibe honra, respecto».
Historia
Uagadugú era o nome dun Estado fundado no século XI, do cal era capital Kombemtinga. Esta mesma cidade foi a capital do reino Mossi en 1441, sendo a residencia permanente do Mogho Naba (rei ou emperador dos Mosse ou Mossi), que estaba no barrio de Samandin.
En 1919, durante a colonización francesa, o reino Mossi foi reagrupado con outros tres reinos, para formar a colonia do Alto Volta (Haute-Volta). Naquela altura a cidade de Kombemtinga foi rebautizada como Ouagadougou.
Tornouse capital da república do Alto Volta (Haute-Volta) en 1960, cando o país obtivo a independencia.
Clima
O clima de Uagadugú é bastante cálido. A cidade forma parte da área saheliana, cunha pluviosidade media de 750 mm anuais. A estación chuviosa abranxe de maio a outubro, cunha media de temperaturas de 30º C. A estación fría vai de decembro a xaneiro, atinxíndose mínimas medias de temperatura de 19 °C. As máximas medias de temperatura danse durante a estación cálida, que vai de abril a maio, puidéndose alcanzar os 45 °C. O harmattan (un vento seco) e máis o monzón, son os factores principais que determinan o clima de Uagadugú.
Turismo
Uagadugú dispón de ofertas culturais para nativos e visitantes. Compre destacar:
Museos
- Museo de Kadiogo
- Museo Etnográfico
- Museo da Música
Monumentos de interese
- Gran Mesquita
- Catedral
- Pazo dos Mogho Naba
- Monumento dos Cineastas
- Monumento aos Heroes Nacionais (en construción)
Comunicacións
Está unida ao porto de Abidjan, en Costa de Marfil, por ferrocarril. Posúe un aeroporto internacional.