Proceso coracoide escapular: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
m →‎Bibliografía: pequeno axuste
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q905716
Liña 29: Liña 29:


[[Categoría: Escápula]]
[[Categoría: Escápula]]

[[en: Coracoid process]]

Revisión como estaba o 15 de abril de 2013 ás 16:36

Proceso coracoide escapular
Gray205 left scapula lateral view.png
Latín processus coracoideus
Gray tema #50 203

O proceso coracoide da escápula é unha apófise da parte cranial deste óso. Proxéctase cara diante e serve para estabilizar o ombreiro.

Estrutura

É unha apófise curva, proxectada lateral e anteriormente, unida por unha base ao resto da escápula. A medida que curva, faise máis estreito. A dirección da apófise fai que teña unha porción vertical ou ascendente e unha horizontal. Pegado a porción vertical discorre o músculo subescapular.

A porción horizontal ten dúas superficies, unha superior e unha inferior. A superior é irregular, e serve para a inserción do músculo pectoral menor. Os bordos prestan inserción ao pectoral menor e ao ligamento coraco-clavicular.

O vértice da apófise permite a inserción cranial do músculo coraco-braquial e da porción curta do músculo bíceps braquial. Tamén permite a inserción da fascia coracoclavicular.

Na parte medial da base de implantación insírense o ligamento conoide e un pouco máis adiante e por fóra, o ligamento trapezoide. Na mesma base insírese o ligamento acromio-coracoideo. No bordo lateral da base insírese o ligamento coraco-umeral.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.