Ligamento acromiocoracoide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ligamento acromio-coracoideo")
Ligamentos da articulación acromioclavicular.

O ligamento acromiocoracoide é un ligamento do membro superior humano, pertencente á articulación acromioclavicular, localizada no ombreiro. É un ligamento de forma triangular, groso, que se estende entre o acromion e a apófise coracoide. Xunto co ligamento coracoide, mantén protexida a cabeza umeral. Por encima ten o músculo deltoide e a propia clavícula. Por debaixo ten o tendón do músculo supraespiñal e habitualmente unha bolsa deslizante.

O bordo lateral do ligamento constitúe unha lámina fibrosa, que se coloca por riba dos tendóns do músculo supraespiñal e do músculo infraespiñal.

Nalgunhas ocasións este ligamento vese coma un i grego, cunha porción común grosa que se insire no acromion. Cando se divide en dúas porcións, unha diríxese cara ao apex da apófise coracoide, e a outra cara á base da mesma apófise. Nos casos nos que o tendón do músculo pectoral menor se insire na cápsula da articulación glenoumeral, pasa entre as dúas porcións do ligamento.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.