Beatriz Gómez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 2 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3327933
Liña 16: Liña 16:
[[Categoría:Olímpicos galegos]]
[[Categoría:Olímpicos galegos]]
[[Categoría:Nados en Pontevedra]]
[[Categoría:Nados en Pontevedra]]

[[en:Beatriz Gómez Cortes]]
[[es:Beatriz Gómez]]

Revisión como estaba o 30 de marzo de 2013 ás 07:22

Beatriz Gómez na benvida organizada polo concello de Pontevedra tralos Xogos Olímpicos.

Beatriz Gómez Cortés, nada o 29 de decembro de 1994 en Pontevedra é unha nadadora galega, actualmente no Club Natación Galaico Sercoysa[1].

Traxectoria

Comezou a nadar con catro anos, compite dende os sete, e máis seriamente desde os trece, aínda que tamén practicou outros deportes antes de adicarse unicamente á natación. Malia que de pequena recoñece que lle daba medo a auga, conseguiu unha beca para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva, onde adestra como externa, compaxinando a natación cos estudos de bacharelato[2]. Entre os seus mellores resultados destacan o cuarto posto no Europeo Absoluto de Piscina Curta de Eindhoven en 2010 na modalidade dos 200 metros braza[3], o subcampionato de España dos 200 metros estilos[4], e o Campionato Mundial Júnior nesa mesma categoría logrado en Lima (Perú)[5].

Participou nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, onde chegou a semifinais dos 200 metros estilos, quedando no 16º posto cun tempo de 2:15:12[6].

Referencias

  1. Ficha de Beatriz Gómez na páxina web do COE (en castelán).
  2. De pequena tiña medo á auga e choraba cando ía á piscina, entrevista a Beatriz Gómez en La Voz de Galicia do 15/01/2011 (en galego).
  3. Beatriz Gómez logra aos seus 16 anos un histórico cuarto posto no Europeo, artigo de La Voz de Galicia do 27/11/2010 (en galego).
  4. Bea Gómez, subcampioa de España de 200 estilos, artigo no Diario de Pontevedra do 03/04/2011 (en galego).
  5. Bea, Campioa do mundo, artigo no Diario de Pontevedra do 20/08/2011 (en galego).
  6. Resultados oficiais da semifinal de Beatiz Gómez nos 200m estilos. Páxina web oficial dos Xogos Olímpicos de Londres 2012 (en inglés).