Diferenzas entre revisións de «Epidemioloxía»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
m (Bot: Retiro 55 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q133805)
A epidemioloxía ocupa un lugar especial na intersección entre as [[Biomedicina|ciencias biomédicas]] e as [[ciencias sociais]] e aplica os métodos e principios destas ciencias ao estudo da saúde e a enfermidade en poboacións humanas ou animais determinadas. Porén, existe tamén unha epidemioloxía [[veterinaria]] e tamén podería falarse dunha epidemioloxía [[Zooloxía|zoolóxica]] e [[botánica]], esta última intimamente relacionada coa [[ecoloxía]].
 
A epidemioloxía considérase unha ciencia básica da [[medicina preventiva]] e unha fonte de información para a formulación de políticas de saúde pública. A epidemioloxía estuda, sobre todo, a relación causa-efecto entre exposición e enfermidade. As enfermidades non se producen de forma aleatoria; teñen causas, moitas delas sociais, evitábeis. Xa que logo, moitas enfermidades poderían previrse se se coñecesen as súas causas. Os [[Método científico|método]]s epidemiolóxicos foron cruciais para identificar numerosos factores etiolóxicos que asemade xustificaron a formulación de políticas sanitarias encamiñadas á [[prevención]] de enfermidades, lesións e [[morte]]s prematuras.
 
[[Categoría:Epidemioloxía]]
19.713

edicións

Menú de navegación