Herdanza: Diferenzas entre revisións
lig int |
|||
Liña 48: | Liña 48: | ||
[[Categoría:Dereito]] |
[[Categoría:Dereito]] |
||
[[Categoría:Antropoloxía]] |
[[Categoría:Antropoloxía]] |
||
[[an:Herencio]] |
|||
[[ar:إرث]] |
|||
[[az:Vərəsəlik]] |
|||
[[be:Спадчына, права]] |
|||
[[bg:Наследяване]] |
|||
[[br:Hêrezh]] |
|||
[[ca:Herència]] |
|||
[[cs:Dědictví]] |
|||
[[cy:Etifeddiaeth]] |
|||
[[de:Erbschaft]] |
|||
[[en:Inheritance]] |
|||
[[es:Herencia (Derecho)]] |
|||
[[fa:ارث]] |
|||
[[fi:Perintö]] |
|||
[[fr:Héritage (droit)]] |
|||
[[he:ירושה]] |
|||
[[hi:उत्तराधिकार]] |
|||
[[hu:Öröklés]] |
|||
[[io:Patrimonio]] |
|||
[[it:Eredità]] |
|||
[[ja:相続]] |
|||
[[ko:상속]] |
|||
[[la:Hereditas]] |
|||
[[nl:Nalatenschap]] |
|||
[[nn:Arv]] |
|||
[[no:Arverett]] |
|||
[[pl:Spadek]] |
|||
[[pt:Herança (direito)]] |
|||
[[qu:Saqina]] |
|||
[[ro:Moștenire]] |
|||
[[ru:Наследование (право)]] |
|||
[[scn:Redità]] |
|||
[[sl:Dediščina]] |
|||
[[sn:Rifa]] |
|||
[[sv:Arv]] |
|||
[[th:มรดก]] |
|||
[[tr:Veraset]] |
|||
[[uk:Спадкування]] |
|||
[[ur:وراثت]] |
|||
[[yi:ירושה]] |
|||
[[zh:继承]] |
Revisión como estaba o 27 de marzo de 2013 ás 09:03
O termo herdanza é usado en Dereito para se referir ao acto xurídico mediante o cal unha persoa que falece traspasa os seus bens, dereitos e obrigas a outra ou outras persoas, que se denominan herdeiros. Así, enténdese por herdeiro a persoa física ou xurídica que ten dereito a unha parte dos bens dunha herdanza.
O herdeiro pode ser o que como tal figura nun testamento, ou, aqueles a quen a lei lle recoñece tal condición legal, así sexa por ausencia de testamento ou por aplicación de normas imperativas como as lexítimas.
Facultades do herdeiro
Ao herdeiro a lei atribúelle diversas facultades, entre elas:
- Aceptar ou renunciar á herdanza, ou aceptala a beneficio de inventario.
- Dispor por actos inter vivos ou mortis causa da mesma, aínda antes de entrar na súa posesión.
- Lexitimidade para impugnar o testamento, oporse ao mesmo e cantas accións xudiciais considere necesarias para defender os seus dereitos.
Outras acepcións
Tamén se denomina herdanza, por extensión, ao conxunto de bens, dereitos e obrigas que se traspasan. Este conxunto de bens e dereitos, en ocasións, recibe o nome de caudal hereditario (caudal relitio). O caudal hereditario fórmao o patrimonio do causante no momento da morte, eliminando aqueles bens, dereitos e obrigas que se extinguen polo feito da morte (dereitos e obrigas personalísimas, por exemplo). Este caudal relaciónase no inventario de bens co seu correspondente pasivo.
Doutra banda, desde o punto de vista do herdeiro, denomínase herdanza ao conxunto de bens, dereitos e obrigas que recibe, que pode ser unha porcentaxe menor do total do caudal hereditario.
Neste último caso (desde o punto de vista do herdeiro), enténdese que unha herdanza se refíre a unha parte xenérica do patrimonio do testador. Por exemplo, a metade ou o total do caudal hereditario. Cando o testador decide dar uns bens concretos a un herdeiro, isto recibe o nome de legado e o herdeiro sería un legatario. O herdeiro, ás veces, confúndese coa figura do legatario. Con todo, un legatario, como receptor dun simple legado, non ten os mesmos dereitos de defensa da herdanza ca o herdeiro, e non sucede ao causante a título universal.
Características das herdanzas
Sendo a herdanza unha materia profusamente regulada, existen, con todo, dous tipos de normas aplicables á mesma:
- Normas dispositivas, que rexen en ausencia de vontade do testador (sucesión intestada).
- Normas imperativas, que rexen en todo caso, limitando a vontade do testador.
Segundo cada tipo de ordenamento xurídico e ao maior ou menor grao de normas imperativas, darase maior ou menor ámbito de actuación ao testador. Deste xeito, existen ordenamentos xurídicos moi limitativos á vontade do causante, impondo figuras como a lexítima, e outras que permiten a case total disposición por parte do causante dos seus bens.
Efectos fiscais
A herdanza como acto xurídico é tamén un feito impoñible. Ao ser unha fonte de ingresos para o herdeiro, a maioría dos estados grávana en maior ou menor medida mediante impostos.Cando se tramita unha herdanza hai que ter en conta que existen seis meses, desde a data da defunción, para liquidar todos os impostos que da herdanza dimanen.
Nalgunhas administracións pódese pedir, con antelación, unha prórroga no pago dos impostos, perante os organismo correspondentes, xustificando sempre a causa do atraso e evitando así sancións.
É de vital importancia asesorarse ben sobre o pagamento dos impostos, xa que ao estar transferidos no Estado Español ás Comunidades Autónomas, é cada unha delas a que regula o pagamento das mesmas. Polo xeral, depende a cantidade para liquidar de tres factores principais, último enderezo do causante ou lugar de falecemento, cantidade que conforma a masa hereditaria e o grao de parentesco co causante de cada un dos herdeiros. No caso das herdanzas con bens en varios países o tratamento fiscal complícase, xa que hai que estudar as implicacións en varias lexislacións.
Tamén en certas comunidades e segundo o grao de parentesco adoita haber exencións fiscais na súa totalidade; no caso da Comunidade de Madrid para o primeiro grao de consaguinidade ou reducións, como na Comunidade de Andalucía, de ata 175.000 euros da masa hereditaria para primeiro grao de parentesco, ou reducións por enderezo habitual, etc...
É importante, non esquecer o imposto sobre o incremento do valor dos bens urbanos máis coñecido como plusvalía, imposto que se líquida en cada un dos concellos nos que o causante tivese unha propiedade urbana, e que dependen do valor catastral e dos anos de tenza do mesmo.
É importante ter sempre en conta o concepto de fiscalidade cando se ten dereito sobre unha herdanza, xa que hai catro anos e seis meses nos que llos poden reclamar e canto máis se tarda en liquidalos maior é a sanción que incrementa os mesmos