Lateiki: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-Coor dm +Coordenadas)
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 6 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q2994146
Liña 9: Liña 9:


[[Categoría:Illas e arquipélagos]][[Categoría:Volcáns]][[Categoría:Illas de Tonga]]
[[Categoría:Illas e arquipélagos]][[Categoría:Volcáns]][[Categoría:Illas de Tonga]]

[[ca:Lateiki]]
[[en:Metis Shoal]]
[[es:Lateiki]]
[[ru:Латеики]]
[[sk:Metis (sopka)]]
[[to:Metis Island]]

Revisión como estaba o 25 de marzo de 2013 ás 14:14

19°11′S 174°52′O / -19.183, -174.867

Lateiki, tamén coñecido como Metis Shoal, é un volcán submarino e unha illa en formación de Tonga. O nome Lateiki significa 'petit Late' xa que se atopa ao sur da illa Late, a medio camiño de Kao.

Características

O volcán normalmente está mergullado, pero en diversas ocasións a actividade volcánica formou unha illa. Ten unha altitude de 1.500 metros desde a base no fondo do mar, e elévase ata unha profundidade entre 3 e 10 m baixo o nivel do mar. A última vez que entrou en erupción, en xuño de 1995, xurdiu unha illa de 50 a 80 metros de altitude e de 200 a 500 m de ancho. A illa temporal, formada de cinza volcánica, desapareceu coas ondas do océano ao cabo de dous meses.

A presenza de Lateiki notouse por primeira vez en 1851, cando excedeu o nivel do mar. Rexistráronse erupciones nos anos 1851, 1852, 1858, 1878, 1886, 1894, 1967, 1979 e 1995. Como mínimo en cinco ocasións formouse unha illa (1851, 1858, 1967, 1979 e 1995).