Pío IX, papa: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 46: | Liña 46: | ||
{{Link FA|fi}} |
{{Link FA|fi}} |
||
[[af:Pous Pius IX]] |
|||
[[ar:بيوس التاسع]] |
|||
[[az:IX Piy]] |
|||
[[bar:Pius IX.]] |
|||
[[be:Пій IX, Папа Рымскі]] |
|||
[[bg:Пий IX]] |
|||
[[br:Pi IX]] |
|||
[[ca:Pius IX]] |
|||
[[cs:Pius IX.]] |
|||
[[cy:Pab Pïws IX]] |
|||
[[da:Pave Pius 9.]] |
|||
[[de:Pius IX.]] |
|||
[[el:Πάπας Πίος Θ΄]] |
|||
[[en:Pope Pius IX]] |
|||
[[eo:Pio la 9-a]] |
|||
[[es:Pío IX]] |
|||
[[et:Pius IX]] |
|||
[[eu:Pio IX.a]] |
|||
[[fa:پیوس نهم]] |
|||
[[fi:Pius IX]] |
|||
[[fr:Pie IX]] |
|||
[[ga:Pápa Pius IX]] |
|||
[[gd:Pàpa Pius IX]] |
|||
[[he:פיוס התשיעי]] |
|||
[[hr:Pio IX.]] |
|||
[[hsb:Pius IX.]] |
|||
[[hu:IX. Piusz pápa]] |
|||
[[id:Paus Pius IX]] |
|||
[[ilo:Papa Pio IX]] |
|||
[[io:Pius 9ma]] |
|||
[[it:Papa Pio IX]] |
|||
[[ja:ピウス9世 (ローマ教皇)]] |
|||
[[jv:Paus Pius IX]] |
|||
[[ka:პიუს IX]] |
|||
[[ko:교황 비오 9세]] |
|||
[[la:Pius IX]] |
|||
[[lmo:Piu IX]] |
|||
[[lt:Pijus IX]] |
|||
[[lv:Pijs IX]] |
|||
[[mk:Папа Пиј IX]] |
|||
[[ml:ഒൻപതാം പീയൂസ് മാർപ്പാപ്പ]] |
|||
[[mr:पोप पायस नववा]] |
|||
[[nl:Paus Pius IX]] |
|||
[[no:Pius IX]] |
|||
[[oc:Piu IX]] |
|||
[[pam:Papa Piu IX]] |
|||
[[pl:Pius IX]] |
|||
[[pt:Papa Pio IX]] |
|||
[[ro:Papa Pius al IX-lea]] |
|||
[[ru:Пий IX]] |
|||
[[scn:Piu IX]] |
|||
[[sh:Pio IX.]] |
|||
[[simple:Pope Pius IX]] |
|||
[[sk:Pius IX.]] |
|||
[[sl:Papež Pij IX.]] |
|||
[[sr:Папа Пије IX]] |
|||
[[sv:Pius IX]] |
|||
[[sw:Papa Pius IX]] |
|||
[[th:สมเด็จพระสันตะปาปาปิอุสที่ 9]] |
|||
[[tl:Papa Pio IX]] |
|||
[[uk:Пій IX]] |
|||
[[vec:Papa Pio IX]] |
|||
[[vi:Giáo hoàng Piô IX]] |
|||
[[war:Papa Pío IX]] |
|||
[[yo:Pópù Pius 9k]] |
|||
[[zh:庇護九世]] |
Revisión como estaba o 24 de marzo de 2013 ás 15:25
Beato Pío IX tamén coñecido como Pío Nono (Senigallia, Italia, 13 de maio de 1792 - Roma, 7 de febreiro de 1878), Sumo Pontífice, derradeiro soberano temporal dos Estados Pontificios, bispo de Roma e papa número 255 da Igrexa Católica dende o 16 de xuño de 1846 ata a súa morte.
Antes da súa elección, o seu nome era Giovanni Maria Mastai Ferretti. O seu pontificado de 31 anos e medio foi o máis longo da historia da Igrexa Católica, se exceptuámo-la tradición de que San Pedro, o apóstolo, estivo a cargo da Igrexa por un período de entre 34 e 37 anos.
Vida previa á súa elección como papa
Giovanni Maria Mastai Ferretti naceu no seo dunha familia da nobreza. De mozo, quixo facer carreira na Garda Nobre, pero tras ser rexeitado a causa da súa epilepsia decidiu estudar teoloxía no seminario de Roma. Foi ordenado sacerdote en abril de 1819.
Ó principio, traballou como reitor do Instituto Tata Giovanni ata que foi enviado a Chile e Perú (1823-1825) para axudar ó nuncio apostólico, Monseñor Giovanni Muzi, na primeira misión na Sudamérica posrevolucionaria [1]. Regresou a Roma para dirixi-lo hospital de San Michele (1825-1827) e para ocupa-lo cargo de cóengo de Santa Maria in Via Lata.
En 1827, ós 35 anos de idade, foi nomeado arcebispo de Spoleto. Da súa etapa neste cargo destaca a amnistía que logrou para os que participaron nunha fallida revolución que en 1831 se estendera a aquela cidade. Este feito fíxolle gañar fama de liberal. Ó ano seguinte dese suceso, foi trasladado á prestixiosa diocese de Imola, onde foi nomeado cardeal in pectore en 1839. En 1840, foi proclamado publicamente cardeal presbítero de Santi Pietro e Marcellino. Segundo os historiadores, o cardeal Mastai Ferretti foi considerado un liberal durante o seu episcopado en Spoleto e Imola porque apoiaba a reforma administrativas nos Estados Papais e simpatizaba co movemento nacionalista en Italia.
Elección papal
O conclave de 1846, que seguiu á morte de Gregorio XVI, tivo lugar nun momento de ambiente político inestable en Italia. Isto motivou que varios cardeais estranxeiros decidisen non asistir ó conclave. Ó seu comezo, só estaban presentes 46 dos 62 cardeais.
Ademais, o conclave de 1846 foi escenario dunha división entre conservadores e liberais. Os conservadores apoiaban ó cardeal Luigi Lambruschini, o secretario de Estado de Gregorio XVI. Os liberais, en cambio, apoiaban a dous candidatos: o cardeal Gizzi e o cardeal Mastai Ferretti. Na primeira votación, Mastai Ferretti obtivo quince votos e os demais votos foron para Lambruschini e Gizzi. Moitos pensaban que se Lambruschini non resultaba elixido, seríao Gizzi con toda probabilidade.
Chegado o conclave a un punto morto a causa do desacordo, os liberais e moderados decidiron votar por Mastai Ferretti - unha manobra que foi contraria ó sentir xeral de boa parte de Europa. O segundo día do conclave, o 16 de xuño de 1846, Mastai Ferretti foi elixido papa cunha maioría de 36 votos, mentres que Lambruschini só obtivo dez; Gizzi non recibiu ningún voto. Dado que era de noite, non se realizou ningún anuncio formal agás a fumata branca. Moitos católicos asumiron que Gizzi fora escollido como sucesor de San Pedro. De feito, empezou a haber celebracións na súa cidade natal e os seus axudantes, de acordo cunha antiga tradición, queimaron as súas vestiduras cardinalicias.
Á mañá seguinte, anunciouse a elección do cardeal Mastai Ferretti ante o que debeu de ser unha sorprendida multitude de católicos. Por suposto, cando o novo papa apareceu no balcón, o clima foi de xubilo. Mastai Ferretti escolleu o nome de Pío IX en honra de Pío VII.
Pío IX foi coroado o 21 de xuño e nomeou a Gizzi secretario de Estado. Os liberais europeos aplaudiron a súa elección como Sumo Pontífice.
Papado
Pío IX tiña fama de ser un home culto e de ideas liberais. Cando saíu elixido, proclamou amnistía para os presos con delitos políticos e instituíu a Consulta, un órgano consultivo de representación popular que garantía máis liberdade para os cidadáns dos Estados Pontificios.
Durante as revolucións de 1848 en Roma proclamouse a República e o Papa tivo que fuxir de Roma disfrazado de monxe. Cando os seus territorios lle foron restituídos polos franceses e volveu animado por propósitos menos liberais.
Os seguintes actos que levo a cabo, tanto políticos como relixiosos foron encamiñados a salva-los Estados Pontificios, ameazados pola unificación dos territorios italianos que estaba levando a cabo o reino de Piemonte; en particular hai que destaca-la proclamación do dogma da Inmaculada Concepción, a convocatoria do Concilio Vaticano Primeiro, onde se proclamou a infalibilidade papal.
O esforzo de Pío IX foi en van. En 1870 o exército piemontés entrou en Roma.
Pío IX negouse a recoñece-lo reino de Italia, a establecer relacións diplomáticas con el e excomungou ó rei. Os últimos anos do seu pontificado viviunos en condicións de illamento nos palacios do Vaticano, ata a súa morte en 1878.
Foi beatificado polo Papa Xoán Paulo II en 2000.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pío IX, papa |