Johann Elert Bode: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 28 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q76966
Liña 37: Liña 37:
<references/>
<references/>
[[Categoría:Personalidades da astronomía]]
[[Categoría:Personalidades da astronomía]]

[[ar:يوهان إليرت بودي]]
[[bg:Йохан Елерт Боде]]
[[ca:Johann Elert Bode]]
[[cs:Johann Elert Bode]]
[[cy:Johann Elert Bode]]
[[de:Johann Elert Bode]]
[[el:Γιόχαν Μπόντε]]
[[en:Johann Elert Bode]]
[[es:Johann Elert Bode]]
[[et:Johann Elert Bode]]
[[fr:Johann Elert Bode]]
[[he:יוהאן אלרט בודה]]
[[hu:Johann Elert Bode]]
[[id:Johann Elert Bode]]
[[it:Johann Elert Bode]]
[[ja:ヨハン・ボーデ]]
[[ko:요한 엘레르트 보데]]
[[lb:Johann Elert Bode]]
[[nl:Johann Elert Bode]]
[[no:Johann Elert Bode]]
[[pl:Johann Elert Bode]]
[[pt:Johann Elert Bode]]
[[ru:Боде, Иоганн Элерт]]
[[sk:Johann Elert Bode]]
[[sl:Johann Elert Bode]]
[[sv:Johann Elert Bode]]
[[uk:Йоганн Елерт Боде]]
[[zh:约翰·波得]]

Revisión como estaba o 22 de marzo de 2013 ás 14:41

Infotaula de personaJohann Elert Bode

Johann Elert Bode
Biografía
Nacemento19 de xaneiro de 1747
Hamburgo Editar o valor em Wikidata
Morte23 de novembro de 1826
Berlín, Alemaña
Datos persoais
País de nacionalidadealemán
Director de teseJohann Georg Büsch Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoastronomía
Ocupaciónastrónomo , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoJohann Friedrich Pfaff (pt) Traducir e Johann Georg von Soldner (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Johann Elert Bode, nado en Hamburgo o 19 de xaneiro de 1747 e finado en Berlín o 23 de novembro de 1826, foi un astrónomo alemán.

Traxectoria

A pesar de ser un grande observacionista, a súa carreira viuse inmersa nunha interminable serie de polémicas pola precedencia dos seus descubrimentos. En 1768 publicou o libro Anleitung zur Kenntniß des gestirnten Himmels, na segunda edición, de 1772, nunha nota a pé de páxina incluíu unha lei empírica sobre distancias planetarias formulada por Johann Daniel Titius[1], que hoxe se coñece como Lei de Titius-Bode.

Foi tamén un gran descubridor e catalogador de obxectos do espazo profundo, como nebulosas e cúmulos globulares. Descubriu as galaxias M81 e M82 en 1774 e a M54 ao ano seguinte. A lista dos obxectos atopados por primeira vez por Bode é moi ampla e entre elas atópanse o cúmulo globular M92, a galaxia M64, os cúmulos abertos M48 e IC 4665 e o cometa C1779A1Bode.

Dende 1787 ata 1825 Bode foi o director do Astronomisches Rechen-Institut. En 1794 foi elexido membro estranxeiro da Real Academia Sueca das Ciencias (Kungliga Vetenskapsakademien). En abril de 1789 sería elexido membro da Royal Society.

Bode morreu en Berlín o 23 de novembro de 1826 aos 79 anos de idade.

Notas

  1. Johann Elert Bode en The Munich Astro Archive, consultado o 26 de decembro de 2009