Nestlé: Diferenzas entre revisións
edición |
fin edición artigo inicial |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{en uso}} |
|||
{{Compañía |
{{Compañía |
||
| nome_compañía = Nestlé |
| nome_compañía = Nestlé |
Revisión como estaba o 21 de xaneiro de 2013 ás 20:22
Nestlé | |
---|---|
Ficheiro:Nestle Logo.jpg | |
Sede de Nestlé en Vevey. | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1866 |
Localización | Vevey Suíza |
Fundador | Henri Nestlé |
Persoas clave | Paul Bulcke |
Industria | Alimentación |
Produtos | Leite e derivados, chocolate, alimentos infantís, iogures, pasta, xelados, salsas, pratos precociñados. |
Beneficio | 67.836 millóns de euros |
Número de empregados | 328.000 (31 de decembro de 2011) |
Na rede | |
https://www.nestle.com/, https://empresa.nestle.es e https://www.recetasnestle.com.mx/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nestlé (Nestlé S.A. ou Société des Produits Nestlé S.A.) é unha empresa Suíza de alimentación con sede en Vevey. Nestlé é a maior empresa alimenticia do mundo por volume de vendas, ten unhas 461 fábricas en 83 países.
Historia
A empresa foi fundada polo farmacéutico de orixe alemá Henry Nestlé (10 de agosto de 1814 – 7 de xullo de 1890) en 1866. A orixe da empresa foi a fabricación de leite en polvo para bebés. Daniel Peter traballou en perfeccionar a fabricación de chocolate con leite. Nestlé colaborou con Peter para amañar o problema da eliminación de toda a auga da leite engadida ao chocolate e evitar así que o produto valorecese. Henri Nestlé retirouse do negocio en 1875 pero a empresa cun novo propietario conservou o seu nome como Société Farine Lactée Henri Nestlé. En 1905 fusionouse ca empresa Anglo-Swiss Condensed Milk Company que aínda sendo máis grande adoptou o nome de Nestlé. En 1947 a empresa troca o nome a Nestlé SA despois da adquisición de Fabrique de Produits Maggi SA fundada en 1884. Ata a Primeira Guerra Mundial a empresa tivo un rápido crecemento ca comercialización de leite condensada. Despois da guerra os clientes volveron a preferir o leite fresco e a empresa diversificouse a outros produtos. Durante a Segunda Guerra Mundial Nestlé sacou un novo produto: o Nescafé. Dende entón a empresa medrou mercando outras empresas e ampliando o negocio a outros sectores da alimentación e a cosmética.
Nestlé en Galiza
En España Nestlé instalouse en 1905 en La Penilla, Cantabria para a produción de leite infantil e despois leite condensada baixo a marca La Lechera. A sede en España estableceuse en 1920 en Barcelona, onde aínda está hoxe. En España ten unhas vendas de 2085 millóns de euros dando traballo a 5.910 persoas de xeito directo[1]. Nestlé ten en Pontecesures unha fábrica de produción de leite condensada fundada en 1938 na que traballan 149 persoas[2].
Marcas da empresa
Algunhas das marcas máis coñecidas de Nestlé son:
- Nestlé
- Nesquik
- Frigo
- Nestea
- Solís (salsas)
- Maggi
- Kit Kat
- La Cocinera
- La Lechera (postres)
- Purina Dog Chow
- Buitoni
- Litoral (pratos precociñados)
- Nespresso
- Aquarel
- Nescafé
- Perrier
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina web de Nestlé (en varias linguas)