Post-grunge: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Elisardojm (conversa | contribucións)
baterista>batería
Liña 21: Liña 21:
Os primeiros álbums exitosos do post grunge foron ''[[Sixteen Stone]]'', da banda británica [[Bush]], e ''[[Throwing Copper]]'' de [[Live]]. Estes traballos contiñan gran cantidade de ''hits'', ao contrario que os álbums máis recentes de bandas [[grunge]] como [[Nirvana]] e [[Pearl Jam]], que só contaban cun ou dous ''hits''. Bandas coma [[Everclear]], [[Collective Soul]], [[Silverchair]] e [[Candlebox]] non tardarían en seguilos.
Os primeiros álbums exitosos do post grunge foron ''[[Sixteen Stone]]'', da banda británica [[Bush]], e ''[[Throwing Copper]]'' de [[Live]]. Estes traballos contiñan gran cantidade de ''hits'', ao contrario que os álbums máis recentes de bandas [[grunge]] como [[Nirvana]] e [[Pearl Jam]], que só contaban cun ou dous ''hits''. Bandas coma [[Everclear]], [[Collective Soul]], [[Silverchair]] e [[Candlebox]] non tardarían en seguilos.


Preto do [[1994]] o post-grunge, xunto co [[rock alternativo]] en xeral, adiantara ao [[grunge]] como o principal formato rock nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], mentres que en [[Gran Bretaña]] o [[britpop]] fixérase masivamente popular. Porén, cara a finais da década, cunhas carreiras decepcionantes de moitos artistas post-grunge, só un feixe de bandas sobreviviron, entre elas [[Foo Fighters]], a banda de [[Dave Grohl]], ex-baterista de [[Nirvana]], xa que os seus dous primeiros traballos poden considerarse parte da corrente post-grunge.
Preto do [[1994]] o post-grunge, xunto co [[rock alternativo]] en xeral, adiantara ao [[grunge]] como o principal formato rock nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], mentres que en [[Gran Bretaña]] o [[britpop]] fixérase masivamente popular. Porén, cara a finais da década, cunhas carreiras decepcionantes de moitos artistas post-grunge, só un feixe de bandas sobreviviron, entre elas [[Foo Fighters]], a banda de [[Dave Grohl]], ex-batería de [[Nirvana]], xa que os seus dous primeiros traballos poden considerarse parte da corrente post-grunge.
Hoxe en día hai unha serie de bandas aínda comercialmente florecentes dentro deste xénero, entre elas destacan [[Nickelback]], [[Three Days Grace]], [[Puddle of Mudd]], [[Seether]] e [[3 Doors Down]].
Hoxe en día hai unha serie de bandas aínda comercialmente florecentes dentro deste xénero, entre elas destacan [[Nickelback]], [[Three Days Grace]], [[Puddle of Mudd]], [[Seether]] e [[3 Doors Down]].

Revisión como estaba o 22 de novembro de 2012 ás 18:19

Post-grunge
Orixe musicalGrunge, rock alternativo, hard rock, pop-rock, modern rock
Orixe culturalPrincipios dos 90 en Florida, Ontario, sur de California, Seattle, Georgia
Instrumentos típicosGuitarra eléctrica, baixo, batería

O post-grunge é un subxénero do rock alternativo que emerxeu a principios dos anos 90 como un derivado da música grunge, utilizando os sons e a estética deste pero cun estilo máis comercial. Isto fixo que bandas do xénero como Foo Fighters, Creed ou Matchbox Twenty estivesen entre as bandas de rock máis exitosas de finais dos anos 90 e principios dos 2000.

Orixes

Xeralmente, as bandas etiquetadas como tal son bandas moi influídas polo grunge, e a súa música adoita incorporar guitarras distorsionadas, letras cheas de angustia, e o dinamismo "alto-baixo" do grunge, pero producido dun xeito máis comercial.

Aínda que hai excepcións, moitos grupos de post-grunge non especifican ás bandas de grunge como influencias. Máis ben, acostuman citar como tales ás bandas que influenciaron o desenvolvemento do grunge mesmo, coma os Melvins e as primeiras bandas de hard rock coma Led Zeppelin e Black Sabbath.

Historia

Os primeiros álbums exitosos do post grunge foron Sixteen Stone, da banda británica Bush, e Throwing Copper de Live. Estes traballos contiñan gran cantidade de hits, ao contrario que os álbums máis recentes de bandas grunge como Nirvana e Pearl Jam, que só contaban cun ou dous hits. Bandas coma Everclear, Collective Soul, Silverchair e Candlebox non tardarían en seguilos.

Preto do 1994 o post-grunge, xunto co rock alternativo en xeral, adiantara ao grunge como o principal formato rock nos Estados Unidos, mentres que en Gran Bretaña o britpop fixérase masivamente popular. Porén, cara a finais da década, cunhas carreiras decepcionantes de moitos artistas post-grunge, só un feixe de bandas sobreviviron, entre elas Foo Fighters, a banda de Dave Grohl, ex-batería de Nirvana, xa que os seus dous primeiros traballos poden considerarse parte da corrente post-grunge.

Hoxe en día hai unha serie de bandas aínda comercialmente florecentes dentro deste xénero, entre elas destacan Nickelback, Three Days Grace, Puddle of Mudd, Seether e 3 Doors Down.

Véxase tamén

Ligazóns externas