Biótopo: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
mSen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:DiversitivePool.jpg|miniatura|dereita|Biótopo dunha charca no norte de Alemaña, na vexetación plantas das especies ''Stratiotes aloides'','' Schoenoplectus lacustris'' e'' Alisma plantago-aquatica'']] |
[[Ficheiro:DiversitivePool.jpg|miniatura|dereita|Biótopo dunha charca no norte de Alemaña, na vexetación plantas das especies ''Stratiotes aloides'','' Schoenoplectus lacustris'' e'' Alisma plantago-aquatica'']] |
||
O '''Biótopo''' (do [[lingua grega|grego]] βίος - bios = vida + τόπoς = lugar, ou sexa, lugar onde se encontra vida) é o espazo físico, natural e limitado onde habita unha determinada [[biocenose]] ou |
O '''Biótopo''' (do [[lingua grega|grego]] βίος - bios = vida + τόπoς = lugar, ou sexa, lugar onde se encontra vida) é o espazo físico, natural e limitado onde habita unha determinada [[biocenose]] ou comunidade. Trátase dunha unidade ambiental ocupada por organismos de diversas especies que posúen un [[Hábitat (ecoloxía)|hábitat]] relativamente uniforme. |
||
A noción de biótopo foi creada polo zoólogo alemán [[Ernst Haeckel]] (1834-1919) é exposto no seu libro ''General Morphology'' (1866). Este concepto tamén sirve para determinar un área ou tipo de área que, dende o punto de vista ecolóxico, posúe características semellantes. |
A noción de biótopo foi creada polo zoólogo alemán [[Ernst Haeckel]] (1834-1919) é exposto no seu libro ''General Morphology'' (1866). Este concepto tamén sirve para determinar un área ou tipo de área que, dende o punto de vista ecolóxico, posúe características semellantes. |
||
== Límites e tamaño do biótopo == |
== Límites e tamaño do biótopo == |
Revisión como estaba o 9 de outubro de 2012 ás 10:16
O Biótopo (do grego βίος - bios = vida + τόπoς = lugar, ou sexa, lugar onde se encontra vida) é o espazo físico, natural e limitado onde habita unha determinada biocenose ou comunidade. Trátase dunha unidade ambiental ocupada por organismos de diversas especies que posúen un hábitat relativamente uniforme. A noción de biótopo foi creada polo zoólogo alemán Ernst Haeckel (1834-1919) é exposto no seu libro General Morphology (1866). Este concepto tamén sirve para determinar un área ou tipo de área que, dende o punto de vista ecolóxico, posúe características semellantes.
Límites e tamaño do biótopo
O seu tamaño é moi relativo: pode ser tan grande como un océano onde habitan unha gran diversidade de animais e plantas, ou pode ser tan pequeno como o acuario dunha casa onde habitan uns poucos peixes. Nalgunhas ocasións e fácil describir o límite dun biótopo, como cando se produce un cambio brusco no medio como por exemplo nunha poza ou un lago, máis noutras o límite non esta tan claro xa que este acontece de forma gradual.
Diferencias entre biótopo e hábitat
O biótopo fai referencia entre outros factores á superficie o volume que ocupa a biocenose recoñecendo así un edafotopo o referido ao substrato, un climátopo en canto a las características climáticas, e un hidrótopo tendo en conta os aspectos hidrográficos, en cambio o Hábitat e o ambiente físico ou xeográfico no que habita unha poboación ou especie co que reúne as condicións axeitadas para que dita especie poda alimentarse e reproducirse.
Características
As principais características dun biótopo son:
- Climatolóxicas: son as características ambientais.
- Xeolóxicas: son as características físicas e químicas do solo.
- Hidrográficas: son as características referidas a auga, a súa distribución e o seu desprazamento.
- Topográficas: fan referencia a altitude do biótopo.
Véxase tamén
- Bioma
- Comunidade ou biocenose.
- Hábitat