Antonio Goicoechea: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
máis categorías
Xas (conversa | contribucións)
preciso dato
Liña 1: Liña 1:
'''Antonio Goicoechea Cosculluela''', nado en [[Barcelona]] en [[1876]] e finado en [[Madrid]] en [[1953]], foi un avogado e político español.
'''Antonio Goicoechea Cosculluela''', nado en [[Barcelona]] o [[21 de xaneiro]] de [[1876]] e finado en [[Madrid]] o [[1 de febreiro]] de [[1953]], foi un avogado e político español.


==Traxectoria==
==Traxectoria==
Membro do [[Partido Liberal-Conservador|Partido Conservador]], en 1899 foi nomeado letrado do [[Consejo de Estado (España)|Consello de Estado]] e en 1919 foi ministro de Gobernación no goberno de [[Antonio Maura]], pero dimitiu ao pouco tempo pola oposición tanto dos liberais como dos partidarios de [[Eduardo Dato]]. Foi elixido deputado por Lugo en 1907, 1910 e 1919, e por Madrid en 1918. Elixido senador pola [[provincia de Murcia]] en 1922, colaborou coa [[ditadura de Primo de Rivera]] e en 1927 afiliouse á [[Unión Patriótica]].
Membro do [[Partido Liberal-Conservador|Partido Conservador]], en 1899 foi nomeado letrado do [[Consejo de Estado (España)|Consello de Estado]] e en 1919 foi ministro de Gobernación no goberno de [[Antonio Maura]], pero dimitiu ao pouco tempo pola oposición tanto dos liberais como dos partidarios de [[Eduardo Dato]]. Foi elixido deputado polo distrito de Becerreá en 1907 e 1910, por Madrid en 1918 e por Monforte en 1919. Elixido senador pola [[provincia de Murcia]] en 1922, colaborou coa [[ditadura de Primo de Rivera]] e en 1927 afiliouse á [[Unión Patriótica]].


Coa proclamación da [[Segunda República Española]] afiliouse a [[Acción Nacional]] e máis tarde foi membro fundador de [[Renovación Española]], partido polo que foi elixido deputado en [[1933]]. Participou activamente no [[Guerra civil española|golpe]] do [[18 de xullo]]. Viaxou a [[Italia]] para recabar axuda económica para os partidarios de [[Francisco Franco|Franco]]. Cando se aprobou o [[Decreto de Unificación de 1937]], Goicoechea disolveu formalmente Renovación Española.
Coa proclamación da [[Segunda República Española]] afiliouse a [[Acción Nacional]] e máis tarde foi membro fundador de [[Renovación Española]], partido polo que foi elixido deputado en [[1933]]. Participou activamente no [[Guerra civil española|golpe]] do [[18 de xullo]]. Viaxou a [[Italia]] para recabar axuda económica para os partidarios de [[Francisco Franco|Franco]]. Cando se aprobou o [[Decreto de Unificación de 1937]], Goicoechea disolveu formalmente Renovación Española.

Revisión como estaba o 18 de setembro de 2012 ás 18:39

Antonio Goicoechea Cosculluela, nado en Barcelona o 21 de xaneiro de 1876 e finado en Madrid o 1 de febreiro de 1953, foi un avogado e político español.

Traxectoria

Membro do Partido Conservador, en 1899 foi nomeado letrado do Consello de Estado e en 1919 foi ministro de Gobernación no goberno de Antonio Maura, pero dimitiu ao pouco tempo pola oposición tanto dos liberais como dos partidarios de Eduardo Dato. Foi elixido deputado polo distrito de Becerreá en 1907 e 1910, por Madrid en 1918 e por Monforte en 1919. Elixido senador pola provincia de Murcia en 1922, colaborou coa ditadura de Primo de Rivera e en 1927 afiliouse á Unión Patriótica.

Coa proclamación da Segunda República Española afiliouse a Acción Nacional e máis tarde foi membro fundador de Renovación Española, partido polo que foi elixido deputado en 1933. Participou activamente no golpe do 18 de xullo. Viaxou a Italia para recabar axuda económica para os partidarios de Franco. Cando se aprobou o Decreto de Unificación de 1937, Goicoechea disolveu formalmente Renovación Española.

Abandonou a política, e entre 1938 e 1950 foi presidente do Banco de España, do Banco Exterior de España, do Banco Hipotecario e do Banco de Crédito Industrial. En 1943, xunto con outros procuradores en Cortes, firmou un escrito dirixido a Francisco Franco no que solicitaba a restauración da monarquía, "continuadora de nuestra tradición histórica".

Véxase tamén

Ligazóns externas