American Bureau of Shipping: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Elvire (conversa | contribucións)
Liña 20: Liña 20:
}}
}}


'''American Bureau of Shipping''' (ABS) é unha Sociedade de clasificación con sede en [[Houston]], [[Texas]]. ABS foi fundada en 1862 e actualmente é unha das tres empresas líderes no seu sector a nivel mundial, xunto ca británica [[Lloyd's Register]] e a norueguesa [[Det Norske Veritas]]. A finais de 2006 ABS tiña clasificados máis de 10.000 buques mercantes e instalacións Off Shore. ABS presta os seus servizos en evaluación de deseños navais, construción de buques e resistencia estructural.
'''American Bureau of Shipping''' (ABS) é unha Sociedade de clasificación con sede en [[Houston]], [[Texas]]. ABS foi fundada en 1862 e actualmente é unha das tres empresas líderes no seu sector a nivel mundial, xunto ca británica [[Lloyd's Register]] e a norueguesa [[Det Norske Veritas]]. A finais de 2006 ABS tiña clasificados máis de 10.000 buques mercantes e instalacións Off Shore. ABS presta os seus servizos en evaluación de deseños navais, construción de buques e resistencia estrutural.


== Historia ==
== Historia ==
Liña 41: Liña 41:
* [http://www.lr.org Páxina web de Lloyd's Register]
* [http://www.lr.org Páxina web de Lloyd's Register]


[[Categoría:Navegación]]
{{sencat}}
[[Categoría:Medio ambiente]]
[[Categoría:Empresas]]

[[de:American Bureau of Shipping]]
[[de:American Bureau of Shipping]]
[[en:American Bureau of Shipping]]
[[en:American Bureau of Shipping]]

Revisión como estaba o 3 de setembro de 2012 ás 17:58

American Bureau of Shipping
TipoSociedade de clasificación
Fundación1862
LocalizaciónHouston, Texas, EE.UU.
Persoas claveRobert D. Somerville (Director) Christopher Wiernicki (Presidente e CEO)
IndustriaNaval, química, enerxía, gas e petróleo
ProdutosClasificación de buques
Número de empregados3301
Na rede
http://www.eagle.org
Twitter: abseagle Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

American Bureau of Shipping (ABS) é unha Sociedade de clasificación con sede en Houston, Texas. ABS foi fundada en 1862 e actualmente é unha das tres empresas líderes no seu sector a nivel mundial, xunto ca británica Lloyd's Register e a norueguesa Det Norske Veritas. A finais de 2006 ABS tiña clasificados máis de 10.000 buques mercantes e instalacións Off Shore. ABS presta os seus servizos en evaluación de deseños navais, construción de buques e resistencia estrutural.

Historia

ABS iniciou as súas operacións navais en 1862 no estado de New York no fletamento de buques e certificacións. ABS naceu da necesidade de autorregulación da industria, ABS publicou as súas normas técnicas, as regras relativas á inspección e clasificado dos buques de madeira en 1870. Cando a era dos buques de madeira deu paso ao ferro, ABS estableceu normas para estas estruturas, en 1890. Cando o ferro deu paso ao aceiro, as regras de ABS para a construción e clasificar dos buques de aceiro adaptáronse ao novo material. Estas regras para buques con casco de aceiro seguen a ser publicadas e revisadas anualmente.

ABS clasificación de buques

As sociedades de clasificación certifican que o buque se deseña, constrúe e opera segundo as súas normas. Se nas inspeccións periódicas os buques non seguen a cumprir estas normas a certificación queda suspendida ou cancelada. A normativa de ABS derívase de datos empíricos, experiencias, información técnica e profesional, coñecementos de enxeñería naval e náutica e de outras disciplinas e normativas internacionais.

Cando un armador contrata a construción dun novo buque a sociedade de clasificación elixida polo armador supervisa todo o proceso de deseño, construción e as probas para a entrega do buque. No estaleiro persoal técnico de ABS comproba que se están a seguir os deseños e procedementos acordados.

ABS e o Prestige

American Bureau of Shipping é a sociedade de clasificación que certificou o Prestige. O Goberno Español levouna aos tribunais nunha demanda civil en New York[1]. En 2007 os tribunais fallaron que unha sociedade de clasificación non é unha persoa e non é responsable dos danos. EE.UU. tampouco asinou o convenio internacional de verquidos no mar polo que non é competente para xulgar o caso. O Goberno Español apelou e en agosto de 2010 o caso foi rexeitado ao non haber casos precedentes de responsabilidades esixidas por estados costeiros[2].

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas