Ángela Pumariega: Diferenzas entre revisións
Artigo parcialmente traducido de es:Ángela Pumariega |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 18 de agosto de 2012 ás 17:16
Ángela Pumariega Menéndez, nada o 12 de novembro de 1984 en Xixón, é unha regatista española do Real Club Astur de Regatas[1].
Comezou a competir en Vela lixeira con 6 anos e iniciou a súa formación na clase internacional Optimist, pasando logo a Cadet e posteriormente a Snipe. Nesta última clase foi onde comezou a destacar, e foi elixida por Félix Gancedo para os campionatos do mundo e de Europa de categoría máster en 2004.
En 2008, con Carmen Mateo de tripulante quedou séptima no campionato do mundo feminino de Snipe, e con Nuria Lacera gañou a Copa de España desa mesma clase[2].
Na modalidade Match Race, compartindo tripulación coas galegas Támara Echegoyen e Sofía Toro, foi campioa de España en 2010 e 2011[3], campioa iberoamericana en 2010[4] e campioa de Europa en 2011[5]. Así mesmo, tamén coas dúas galegas como compañeiras, consegíu a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 2012 nesta mesma modalidade[6], con barcos da clase Elliott 6m, sendo esta a primeira vez que se introduxo o match race na categoría feminina nuns Xogos.
Referencias
- ↑ Ficha Páxina do COE onde se poden consular as fichas de tódolos olímpicos (en castelán).
- ↑ Un inicio de éxito, artigo de El Comercio, do 21/05/2008 (en castelán).
- ↑ Pumariega revalida el título nacional, artigo de El Comercio do 15/03/2011 (en castelán).
- ↑ Pumariega, campeona iberoamericana Match race, artigo de La Nueva España do 21/09/2010 (en castelán).
- ↑ Pumariega gana el europeo de Match Race, artigo de El Comercio do 04/07/2011 (en castelán).
- ↑ As galegas Sofía Toro e Tamara Echegoyen conquistan o terceiro ouro para España en Londres 2012, artigo de La Voz de Galicia do 12/08/2012 (en galego).