Alessandra Aguilar: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Artigo sobre Alessandra Aguilar
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 18 de agosto de 2012 ás 11:28

Alessandra Aguilar Morán, nada o 1 de xullo de 1978 en Lugo, é unha fondista galega[1].

Traxectoria

Foi campioa de Europa na categoría Júnior, e na categoría Promesa gañou o Campionato de España de 5.000 metros en pista, o Triangular Gran Bretaña-España-Francia de 3.000 metros, e varios Campionatos de España Universitarios de 5.000, entre outros. Xa na categoría absoluta, ten participado en diversas probas coma os Campionatos de Europa de Medullín, Edimburgo e Useedom, o Campionato do Mundo de San Galmier e o de Fukuoka, ou a maratón de Rotterdam[2].

Tamén correu a maratón feminina dos Xogos Olímpicos de Londres 2012, onde quedou no posto 26º cun tempo de 2:29:19[3], sendo a mellor clasificada das tres españolas que competían, e mellorando a súa marca dos Xogos de Pequín, onde fixera un tempo de 2:39:29 (posto 54).

Notas

  1. Ficha Ficha na páxina do Comité Olímpico Español (en castelán).
  2. Currículum deportivo de Alessandra Aguilar. Principais participacións ata 2008.
  3. Resultados oficiais da maratón feminina. Páxina web oficial dos Xogos Olímpicos de Londres 2012 (en inglés).