Manuel Soto Freire: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: editou El Lucense
m DEFAULTSORT -> ORDENAR
Liña 8: Liña 8:
*[http://www.galegos.info/gl/manuel-soto-freire Ficha en galegos.info]
*[http://www.galegos.info/gl/manuel-soto-freire Ficha en galegos.info]


{{DEFAULTSORT:Soto Freire, Manuel}}
{{ORDENAR:Soto Freire, Manuel}}
[[Categoría:Editores galegos]]
[[Categoría:Editores galegos]]
[[Categoría:Xornalistas de Galicia]]
[[Categoría:Xornalistas de Galicia]]

Revisión como estaba o 15 de xullo de 2012 ás 01:10

Manuel Soto Freire, nado en Lugo o 26 de xaneiro de 1826 e finado en Pantón o 27 de marzo de 1897, foi un xornalista e editor galego.

Traxectoria

Formado en Lugo como caixista na imprenta Pujol, estableceu os seus obradoiros tipográficos en 1851. Considerado o primeiro editor que planificou todo un proceso editorial en Galicia, dividiu os seus proxectos en dúas seccións, a relixiosa, a máis numerosa, e outra variada onde incluíu unha parte literaria, ensaio, manuais e grandes obras. Editou os xornais La Aurora del Miño (1857), do que foi director e fundador; El Correo de Lugo (1860), que dirixiu; El Diario de Avisos (1861 e 1865), El Boletín del Clero (1861), El Gallego (1867) e El Lucense (1883). Editou Análisis de las aguas minerales de Lugo (1853), a publicación anual do Calendario de Galicia (1857), os almanaques Las Dos Asturias (1864) e El Reino de Galicia (1866), e o Boletín eclesiástico (1868), a primeira revista relixiosa editada en Galicia. Publicou os dous primeiros tomos da Historia de Galicia (1865-1866) de Manuel Murguía, e a Gramática Gallega (1868) de Saco y Arce. Foi autor do ensaio La imprenta en Galicia. Ensayo bibliográfico (1982), de consulta obrigada no estudo da prensa periódica en Galicia.

Véxase tamén

Ligazóns externas