Emilio Viqueira: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m DEFAULTSORT -> ORDENAR |
||
Liña 95: | Liña 95: | ||
*[http://www.bdfutbol.com/es/j/j673.html Datos do xogador en bdfutbol.com] {{es}} |
*[http://www.bdfutbol.com/es/j/j673.html Datos do xogador en bdfutbol.com] {{es}} |
||
{{ |
{{ORDENAR:Viqueira, Emilio}} |
||
[[Categoría:Nados en Santiago de Compostela]] |
[[Categoría:Nados en Santiago de Compostela]] |
Revisión como estaba o 14 de xullo de 2012 ás 23:34
Modelo:InfFut2 Emilio José Viqueira Moure, nado o 20 de setembro de 1974 en Santiago de Compostela, é un ex futbolista galego. Xogaba de centrocampista e o seu derradeiro club foi o Xerez CD, equipo no que actualmente desempeña o labor de director deportivo.
Traxectoria
Formouse nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña, que estivo no mítico "Superdépor" e non tivo sitio, co cal tivo que buscarse a vida en Segunda División. Chega ao Xerez CD, club no que non brilla, e márchase ao Recreativo de Huelva de Primeira División.
Nas campañas 2003–04 e 2004–05 o xogador continúa no Recre, sendo un fixo da titularidade, ademais dun novo ídolo da afección, o xa coñecido da tempada anterior como o "Mago" Viqueira, especialmente polos seus lanzamentos de faltas.
A tempada 2005–06, outra gran tempada para o decano, termina nun ascenso a Primeira División, en primeira posición e cun equipo ben labrado, non como os outros dous que ascenderon en anteriores ocasións. Ademais hai experiencia adquirida xa, a xunta directiva e a presidencia é a mesma e comezan a levarse a cabo fichaxes e renovacións con bastante seriedade.
Na tempada 2006–07 Viqueira é un dos alicerces do Recreativo de Huelva, revelación do campionato. Finalmente termina a tempada (e o seu contrato) e formaliza o seu traspaso ao Levante UD. A mala situación económica e deportiva do club lévalle a buscar unha saída no mercado de inverno e regresa como cedido ao Xerez CD.
Na tempada 2008–09 foi contratado polo Xerez CD con quen logrou o ascenso a Primeira División como campión da categoría. Permaneceu no club unha tempada máis, sen lograr a permanencia e volvendo de novo a Segunda División.
Persoal
Mentres xogaba no Levante UD tivo un accidente de tráfico regresando duns días de descanso por Despeñaperros, do que saíu ileso, xunto a toda a súa familia.
Palmarés
- Recreativo
- Xerez
Éxitos personais e outros méritos
- Xogador da Selección galega de fútbol dende 2005 ata 2008.
- Formou parte do primeiro conxunto do decano que acadou a permanencia en Primeira División rematando oitavo.
- Foi capitán na súa etapa no Real Club Recreativo de Huelva.