Símaco, papa: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: da:Pave Symmachus 1. |
m mudando left, right, center -> esquerda, dereita, centro |
||
Liña 24: | Liña 24: | ||
{{sucesión |
{{sucesión |
||
| título = [[Ficheiro:Emblem of the Papacy SE.svg|40px| |
| título = [[Ficheiro:Emblem of the Papacy SE.svg|40px|centro]] [[papa]] |
||
| período = [[498]]-[[514]] |
| período = [[498]]-[[514]] |
||
| predecesor = [[Anastasio II, papa|Anastasio II]] |
| predecesor = [[Anastasio II, papa|Anastasio II]] |
Revisión como estaba o 13 de xullo de 2012 ás 20:52
Símaco, nado en Sardeña cara ó ano 450 e falecido en Roma o 19 de xullo de 514, foi o 51º papa da igrexa católica entre 498 e 514.
Traxectoria
Fillo dun tal Fortunato, foi arquidiácono durante o pontificado de Anastasio II, ao que sucedeu no pontificado ao ser elixido por unha parte do clero romano.
O mesmo día da súa elección, o 22 de novembro de 498, unha facción disidente do clero romano apoiada polo emperador bizantino Anastasio I, encabezada polo senador Festo, procedeu á elección do arcipreste de Santa Práxedes, Lourenzo, como antipapa.
Ante a existencia de dous pontífices, o rei ostrogodo Teodorico o Grande, intentou acabar co nacente cisma apoiando a Símaco. Finalmente, este convocou un concilio o 1 de marzo de 499, no que Lourenzo, tras aceptar a lexitimidade do seu rival como pontífice, foi nomeado bispo de Nocera. Neste sínodo decretouse que todo clérigo que, durante o pontificado dun papa, intrigase para elixir o seu futuro sucesor, sería excomungado.
Porén, o cisma reiniciouse en 501, cando o senador Festo acusou a Símaco de diversos crimes e convenceu a Lourenzo para que regresase a Roma. O Papa negouse a comparecer perante o rei para responder as acusacións alegando que ningún poder temporal tiña xurisdición sobre el.
O 23 de outubro de 502 convocouse un novo sínodo, coñecido como Synodus Palmaris, que decretou que ningunha corte humana podía axuizar a un papa xa que este só podía ser xulgado por Deus.
Ante isto, Teodorico instalou a Lourenzo no Palacio de Letrán como papa, co que o cisma se mantivo aberto durante catro anos ata que, en 506, o rei retirou o seu apoio a Lourenzo pola súa excesiva conivencia coa corte bizantina e, tras expulsar a todos os probizantinos, apoiou definitivamente a Símaco.
Durante o seu pontificado, Símaco apoiou economicamente os bispos de África que se encontraban desterrados en Sardeña tralas persecucións ás que os vándalos, de doutrina ariana, someteran á Igrexa do norte de África. Tamén concedeu a liberdade aos escravos que mantiña a Igrexa, e atribúeselle a construción inicial do Palacio Vaticano.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Predecesor: Anastasio II |
papa 498-514 |
Sucesor: Hormisdas |