Tito (emperador): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Liña 21: Liña 21:
}}
}}


[[Ficheiro:Colosseum-2003-07-09.jpg|miniatura|right|190px|O ''Amphitheatrum Flavium'', coñecido como o [[Coloseo]]]]
[[Ficheiro:Colosseum-2003-07-09.jpg|miniatura|dereita|190px|O ''Amphitheatrum Flavium'', coñecido como o [[Coloseo]]]]
[[Ficheiro:022 Titus.jpg|miniatura|esquerda|190px|Denario de Tito]]
[[Ficheiro:022 Titus.jpg|miniatura|esquerda|190px|Denario de Tito]]
[[Ficheiro:Arco de Tito.jpg |miniatura|center|190px|O Arco de Tito en Roma]]
[[Ficheiro:Arco de Tito.jpg |miniatura|center|190px|O Arco de Tito en Roma]]

Revisión como estaba o 17 de xuño de 2012 ás 17:34

Titus Flavius Sabinus Vespasianus, nado o 30 de decembro de 39 e finado o 13 de setembro de 81 foi un emperador romano. No ano 79, á morte do seu pai Vespasiano, quen foi divinizado, foi nomeado o seu sucesor. É o segundo emperador da dinastía Flavia.

Traxectoria

Tito seguira unha brillante carreira militar en Britania e Xermania e aplastou a rebelión xudía no ano 70. Despois de todos estes feitos, foi nomeado césar e o seu pai asociouno ó goberno.

A destrución do templo de Xerusalén, a súa lendaria xenerosidade e bondade de carácter e os seus contrariados amores con Berenice, irmá do rei xudeu Agripa II, converteron a Tito en protagonista de dramas e óperas.

Pero gobernou pouco tempo, apenas dous anos, e o seu paso pola escena política carece de relevo e interese.

A fama das súas boas cualidades humanas venlle dos seus desvelos por auxiliar as vítimas da erupción do Vesuvio no ano 79, e a destrución das cidades de Pompeia e Herculano e cos damnificados do incendio que un ano despois sufriu a propia Roma. Morreu de forma prematura no ano 81.

Imperio Romano

Segue a:
Vespasiano
Tito (emperador)
(79-81)

Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Dinastía Flavia
O Amphitheatrum Flavium, coñecido como o Coloseo
Ficheiro:022 Titus.jpg
Denario de Tito
O Arco de Tito en Roma

Modelo:Link FA