Monte da Guía: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|) |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:El monte da Guía desde O Castro. Vigo.jpg| |
[[Ficheiro:El monte da Guía desde O Castro. Vigo.jpg|miniatura|250px|O Monte da Guía dende o Monte do Castro.]] |
||
O '''Monte da Guía''' é unha elevación situada na parroquia de [[Teis, Vigo|Teis]], no concello de [[Vigo]], a uns 100 metros sobre o nivel do mar, a carón da [[ría de Vigo]]. |
O '''Monte da Guía''' é unha elevación situada na parroquia de [[Teis, Vigo|Teis]], no concello de [[Vigo]], a uns 100 metros sobre o nivel do mar, a carón da [[ría de Vigo]]. |
||
Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 17:18
O Monte da Guía é unha elevación situada na parroquia de Teis, no concello de Vigo, a uns 100 metros sobre o nivel do mar, a carón da ría de Vigo.
Está coroada pola ermida da Nosa Señora da Guía, obra do arquitecto Manuel Gómez Román.
Ata o ano 2000 estivo situada na súa ladeira máis protexida, cara ao mar, a Escola de Transmisións da Armada, localización militar que tivo importante relevancia na Segunda Guerra Mundial, ó ser usada como lugar de aprovisionamento por submarinos alemáns, o que se evidencia nalgunha película bélica. Naquela época fíxose un túnel baixo o monte para que o tren chegase ás instalacións militares para levar provisións. Tempo despois, ó ser innecesario o transporte ferroviario, o túnel foi usado como almacén militar.
Desde o alto do promontorio hai unha vista bastante completa da cidade de Vigo, así como da ría, das illas Cíes, e da cara sur da península do Morrazo e da ponte de Rande.