Lae: Diferenzas entre revisións
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America) |
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|) |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
:''Para o [[atol]] das [[illas Marshall]] vexa : '''[[Atol Lae]]''''' |
:''Para o [[atol]] das [[illas Marshall]] vexa : '''[[Atol Lae]]''''' |
||
[[Ficheiro:Papua new guinea morobe province.png| |
[[Ficheiro:Papua new guinea morobe province.png|miniatura|Localización de Lae na provincia de Morobe]] |
||
'''Lae''' (tamén coñecida como '''Laé''' ou '''Lahe''')<ref name=wg>{{cita web |url=http://population-statistics.com/wg.php?x=&men=gpro&lng=es&des=wg&geo=-170&srt=npan&col=abcdefghinoq&msz=1500&pt=c&va=&geo=299840699 |título= World Gazetteer: Lae |editorial=World Gazetteer |dataacceso=24 de setembro de 2011}}</ref> é unha cidade de [[Papúa Nova Guinea]]. Conta con 73.918 habitantes (2008) e é a segunda cidade máis poboada do país; por detrás da capital, [[Port Moresby]]. Está considerada como a capital industrial do país. É a capital da [[provincias de Papúa Nova Guinea|provincia]] de [[Morobe]]. |
'''Lae''' (tamén coñecida como '''Laé''' ou '''Lahe''')<ref name=wg>{{cita web |url=http://population-statistics.com/wg.php?x=&men=gpro&lng=es&des=wg&geo=-170&srt=npan&col=abcdefghinoq&msz=1500&pt=c&va=&geo=299840699 |título= World Gazetteer: Lae |editorial=World Gazetteer |dataacceso=24 de setembro de 2011}}</ref> é unha cidade de [[Papúa Nova Guinea]]. Conta con 73.918 habitantes (2008) e é a segunda cidade máis poboada do país; por detrás da capital, [[Port Moresby]]. Está considerada como a capital industrial do país. É a capital da [[provincias de Papúa Nova Guinea|provincia]] de [[Morobe]]. |
||
Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 16:16
- Para o atol das illas Marshall vexa : Atol Lae
Lae (tamén coñecida como Laé ou Lahe)[1] é unha cidade de Papúa Nova Guinea. Conta con 73.918 habitantes (2008) e é a segunda cidade máis poboada do país; por detrás da capital, Port Moresby. Está considerada como a capital industrial do país. É a capital da provincia de Morobe.
Historia
A cidade naceu a causa da febre do ouro producida entre 1920 e 1930. Ao igual que numerosas cidades de Papúa Nova Guinea, xurdiu nas proximidades dun aeródromo, o cal agora non se usa ao construírse o Lae Nadzab Airport.
En xullo de 1937, Lae saltou á escena mundial debido á desaparición da aviadora americana Amelia Earhart, a cal foi vista por última vez despegando de aquí no seu camiño de volta aos Estados Unidos.[2]
Cando se deron unha serie de erupcións volcánicas en Rabaul en 1937, tomouse a decisión de trasladar a capital do Territorio de Nova Guinea a Lae.[3]
A Segunda Guerra Mundial tamén afectou á cidade e, en 1942, esta foi ocupada polo Imperio do Xapón. Lae, Rabaul e Salamaua convertéronse nas principais bases xaponesas en Nova Guinea.[3] A mediados de 1943, despois das derrotas na campaña Kokoda Track, a Batalla de Buna-Gona e a Batalla de Wau, os xaponeses foron obrigados a retirarse de Lae, que foi eventualmente ocupada polos australianos.[3] Mais a campaña de Salamaua-Lae durou varias, semanas con feroces combates, antes de que a cidade caese en mans aliadas, o 16 de setembro.
Despois da Segunda Guerra Mundial, a cidade de Lae desenvolveuse en base a plantacións de café e té e a construción dun porto. Máis tarde, melloráronse as estradas e a autoestrada Highlands Highway entrou en funcionamento. Durante o auxe mineiro da década de 1980 e 1990, aumentou a importancia de Lae como centro económico.[3]
En 1991, Lae e Port Moresby foron sede dos Xogos do Pacífico.
Xeografía
Lae está situada no Golfo de Huon (mar de Salomón), na desembocadura do río Markham. Ten unha temperatura máxima de 31 °C e unha mínima de 22 °C, cunhas precipitacións medias de 4630 mm.[4]
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Ano |
Media maior (°C) | 31 | 31 | 30 | 30 | 29 | 28 | 27 | 27 | 28 | 29 | 30 | 30 | 29 |
Media menor (°C) | 23 | 23 | 23 | 23 | 22 | 22 | 22 | 22 | 22 | 22 | 23 | 23 | 22 |
Precipitacións (mm) | 280 | 230 | 320 | 400 | 410 | 420 | 520 | 520 | 430 | 400 | 320 | 330 | 4630 |
Demografía
A cidade de Lae é a segunda máis importante de Papúa Nova Guinea. A evolución demográfica de Lae nos últimos anos é negativa.[1]
Evolución da poboación de: Lae desde 1980 ata 2008
| |||
1980 | 1990 | 2000 | 2008
|
61 682 | 80 655 | 78 038 | 73 918 |
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "World Gazetteer: Lae". World Gazetteer. Consultado o 24 de setembro de 2011.
- ↑ "Amelia Earhart" (en castelán). Biografíasyvidas.com. Consultado o 24 de setembro de 2011.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 www.encyclopedia.com (ed.). "Papua New Guinea" (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2011.
- ↑ "Weathernase: Historical Weather for Lae, Papua New Guinea" (en inglés). Weatherbase.com. Consultado o 24 de setembro de 2011.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lae |