Filosofía social: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: sv:Socialfilosofi |
m r2.7.2) (Bot: Engado: ro:Filozofie socială |
||
Liña 34: | Liña 34: | ||
[[no:Sosialfilosofi]] |
[[no:Sosialfilosofi]] |
||
[[pt:Filosofia social]] |
[[pt:Filosofia social]] |
||
[[ro:Filozofie socială]] |
|||
[[ru:Социальная философия]] |
[[ru:Социальная философия]] |
||
[[sk:Sociálna filozofia]] |
[[sk:Sociálna filozofia]] |
Revisión como estaba o 14 de xuño de 2012 ás 12:42
A filosofía social é a rama da filosofía encargada do estudio do comportamento social (en especial nos humanos).
Comparte coa socioloxía o seu obxecto material, a sociedade, pero, mentres que a socioloxía estuda como son as relacións en e entre as diversas comunidades, a filosofía social apunta a saber como deben ser esas relacións para que realmente sexan formalizadas como unha perfección para o ser humano. Así mesmo imparte coa ciencia política a racionalidade xurídica na sociedade para que todo isto sexa eficaz na práctica.
A esencia mesma da filosofía social constitúea o concepto de relación, en canto a sociedade non é senón un conxunto de relacións libremente constituídas entre os homes dende a súa remota antigüidade. Polo tanto, a filosofía social céntrase no estudo do home en canto ser libre e relacionable, pois a súa esencial sociabilidade non pode senón proceder da creatividade consubstancial a súa natureza. Só dende a súa liberdade enténdese a sociedade como unha determinación da súa propia vontade, e deste xeito responsabilidade colectiva do grupo que a constitúe.