Fricción: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xián (conversa | contribucións)
fusión
Xián (conversa | contribucións)
fusión
Liña 1: Liña 1:


{{fusiondesde|fricción}}
{{fusióndesde|fricción}}





Revisión como estaba o 28 de maio de 2012 ás 14:30



En mecánica, resistencia ó esvaramento, rodadura ou fluxo dun corpo con relación a outro co que está en contacto.

O rozamento externo pode ser de dúas clases: de esvaramento ou de rodadura. No rozamento de esvaramento, a resistencia é causada pola interferencia de irregularidades nas superficies de ámbolos corpos. No rozamento de rodadura, a resistencia é provocada pola interferencia de pequenas deformacións ou fendas formadas ó rolar unha superficie sobre outra. En ámbalas formas de rozamento, a atracción molecular entre as dúas superficies produce certa resistencia. Nos dous casos, a forza de rozamento é directamente proporcional á forza que comprime un obxecto contra o outro. O rozamento entre dúas superficies mídese polo coeficiente de rozamento, que é o cociente entre a forza necesaria para mover dúas superficies en contacto mutuo e a forza que presiona unha superficie contra outra.

O rozamento entre dous obxectos é máximo xusto antes de empezar a moverse un respecto a outro, e é menor cando están en movemento. O valor máximo do rozamento denomínase rozamento estático ou rozamento en repouso, e o valor do rozamento entre obxectos que se moven chámase rozamento cinético ou rozamento en movemento. O esvaramento de dous corpos en contacto é descontinuo e pode considerarse que o rozamento cinético está producido por unha serie de episodios de rozamento estático. gl:Atrito