Xurisdición: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Modifico: ru:Юрисдикция
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: ca:Jurisdicció
Liña 7: Liña 7:
[[ar:قضاء]]
[[ar:قضاء]]
[[bg:Юрисдикция]]
[[bg:Юрисдикция]]
[[ca:Jurisdicció]]
[[cs:Jurisdikce]]
[[cs:Jurisdikce]]
[[da:Jurisdiktion]]
[[da:Jurisdiktion]]

Revisión como estaba o 7 de maio de 2012 ás 09:19

A xurisdición (do latín iurisdictio, «dicir o dereito») é a potestade, derivada da soberanía do Estado, de aplicar o Dereito no caso concreto resolvendo de modo definitivo e irrevogable unha controversia que é exercida en forma exclusiva polos tribunais de xustiza, integrados por xuíces independentes e inamovibles, responsables e sometidos unicamente ao imperio da lei.

En sentido coloquial, o termo emprégase para designar o territorio (estado, provincia, concello, rexión, país, etc.) sobre o cal esta potestade é exercida. Do mesmo modo, por extensión, é utilizada para designar a área xeográfica de exercicio das atribucións e facultades dunha autoridade ou as materias que se atopan dentro da súa competencia; e, en xeral, para designar o territorio sobre o cal un Estado exerce a súa soberanía.