Astor Piazzolla: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Páxina de homónimos resolta polo bot: cambiou unha ou varias ligazóns cara a radio (medio de comunicación) na páxina "Radio"
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: nn:Ástor Piazzolla
Liña 44: Liña 44:
[[lt:Ástor Piazzolla]]
[[lt:Ástor Piazzolla]]
[[nl:Ástor Piazzolla]]
[[nl:Ástor Piazzolla]]
[[nn:Ástor Piazzolla]]
[[no:Astor Piazzolla]]
[[no:Astor Piazzolla]]
[[oc:Ástor Piazzolla]]
[[oc:Ástor Piazzolla]]

Revisión como estaba o 3 de abril de 2012 ás 18:55

Piazzola en 1971.

Astor Pantaleón Piazzolla, nado en Mar del Plata o 11 de marzo de 1921 e finado en Bos Aires o 4 de xullo de 1992, foi un bandoneonista e compositor arxentino.

Traxectoria

Foi un dos músicos de tango máis importantes da segunda metade do século XX. Estudou harmonía e música clásica e contemporánea coa compositora e directora de orquestra francesa Nadia Boulanger. Na súa mocidade tocou e realizou arranxos orquestrais para o bandoneonista, compositor e director Aníbal Troilo. Cando comezou a facer innovacións no tango (no que respecta a ritmo, timbres e harmonía) foi moi criticado polos tangueros da vella escola, ortodoxos en canto a ritmo, melodía e orquestración. Nos anos posteriores sería reivindicado por intelectuais e músicos de rock.

Cando nos anos cincuenta e sesenta os tangueros ortodoxos -que o consideraban «o asasino do tango»- decretaron que as súas composicións non eran tango, Piazzolla respondeu cunha nova definición: «É música contemporánea de Buenos Aires».

As súas obras non eran difundidas polas estacións de radio e os comentaristas seguían a atacar a súa arte. Os selos discográficos non se atrevían a editala. Considerárono un snob irrespetuoso que compuña música híbrida, con exabruptos de harmonía disonante.

Véxase tamén

Ligazóns externas