Ribulosa 1,5-bisfosfato: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m Mudando "File" e "Image" por "Ficheiro" |
||
Liña 2: | Liña 2: | ||
! | '''{{{name|{{PAGENAME}}}}}''' |
! | '''{{{name|{{PAGENAME}}}}}''' |
||
|- |
|- |
||
| align="center" colspan="2" bgcolor="#ffffff" |<br>[[ |
| align="center" colspan="2" bgcolor="#ffffff" |<br>[[Ficheiro:RuBP-2D-skeletal.png|220px]]<br><br>[[Ficheiro:RuBP-3D-balls.png|220px]] |
||
|- |
|- |
||
| [[Nomenclatura da IUPAC|Nome IUPAC]] |
| [[Nomenclatura da IUPAC|Nome IUPAC]] |
Revisión como estaba o 19 de marzo de 2012 ás 21:25
Ribulosa 1,5-bisfosfato | |
---|---|
Nome IUPAC | (2,3-Dihidroxi-4-oxo-5-fosfonooxipentil) dihidróxeno fosfato |
Outros nomes | D-ribulosa-1,5-P2, ribulosa bisfosfato |
Fórmula empírica | C5H12O11P2 |
Masa molecular | 310,089 g/mol |
Estado físico/Cor | |
Número CAS | 14689-84-0 |
Propiedades | |
Densidade | |
Punto de fusión | |
Punto de ebulición | |
Solubilidade en auga |
A ribulosa 1,5-bifosfato (tamén escrita ribulosa-1,5-bifosfato, ribulosa 1,5-bisfosfato ou ribulosa-1,5-difosfato, abreviadamente RuBP) é un azucre fosfatado de 5 carbonos, que é un importante substrato implicado na fixación do carbono durante o ciclo de Calvin da fase escura da fotosíntese.
Trátase dunha pentosa que leva dous fosfatos esterificados nos carbonos 1 e 5 e un grupo cetona (é unha cetosa) no carbono 2[1] [2]. Na fotosíntese funciona o estereoisómero D.
É o substrato do encima rubisco, que cataliza a incorporción de dióxido de carbono ao carbono 2 da ribulosa 1,5-difosfato, orixinando un intermediario inestable de 6 átomos de carbono, denominado 3-ceto-2-carboxiarabinitol-1,5-bisfosfato, que se divide practicamente ao momento en dúas moléculas de 3-fosfoglicerato (3PG), que é o primeiro produto estable da fase escura da fotosíntese.
+ CO2 + H2O → 2 H* + 2 D-ribulosa 1,5-bifosfato 3-fosfoglicerato rubisco
* En realidade, a pH celular as moléculas estarían ionizadas e non serían necesarios os 2H+ para equilibrar a reacción.
O 3-fosfoglicerato seguirá as reaccións do ciclo de Calvin rexenerando a ribulosa 1,5-bifosfato, que recomezará outro ciclo, e orixinando unha molécula de glicosa que sae do ciclo.
Na última reacción do ciclo de Calvin, recíclase a ribulosa 1,5-bifosfato a partir da fosforilación no carbono 1 con gasto de ATP da ribulosa 5-fosfato.
Carboxilación e oxidación da ribulosa 1,5-bifosfato
Normalmente o encima rubisco carboxila a ribulosa 1,5-bifosfato tal como se explicou antes. Pero en determinadas circunstancias, cando a concentración de CO2 é baixa, a de O2 alta e hai altas temperaturas o encima rubisco, en vez de carboxilar, mostra unha actividade de oxixenase e oxida a ribulosa 1,5-bifosfato, orixinando unha molécula de 3-fosfoglicerato (en vez de dúas) e unha molécula de fosfoglicolato. o fosfoglicolato inicia un ciclo de reaccións chamado fotorrespiración, que malgasta ATP e poder redutor, polo que supón un menor rendemento da fotosíntese. As plantas tropicais e de climas áridos, nas condicións indicadas, teñen pouca fotorrespiración comparadas coas plantas de climas temperados ou fríos [3].
Notas
- ↑ CHEBI D-ribulose 1,5-bisphosphate
- ↑ ChemSpider [1]
- ↑ Nelson, D. L.; Cox, M. M. "Lehninger, Principles of Biochemistry" 3rd Ed. Worth Publishing: New York, 2000. ISBN 1-57259-153-6.