Organización Hidrográfica Internacional: Diferenzas entre revisións
idioma francés > lingua francesa |
m r2.7.1) (Bot: Engado: la:Societas Hydrographica Internationalis |
||
Liña 34: | Liña 34: | ||
[[ja:国際水路機関]] |
[[ja:国際水路機関]] |
||
[[ko:국제 수로 기구]] |
[[ko:국제 수로 기구]] |
||
[[la:Societas Hydrographica Internationalis]] |
|||
[[mk:Меѓународна хидрографска организација]] |
[[mk:Меѓународна хидрографска организација]] |
||
[[ms:Pertubuhan Hidrografi Antarabangsa]] |
[[ms:Pertubuhan Hidrografi Antarabangsa]] |
Revisión como estaba o 5 de marzo de 2012 ás 14:07
A Organización Hidrográfica Internacional (en inglés International Hydrographic Organization, en francés Organisation hydrographique internationale) é unha organización intergobernamental consultiva e técnica de hidrografía, establecida por un acordo asinado en Mónaco o 3 de maio de 1967 que entrou en vigor en 1970.
A OHI concreta unha cooperación iniciada a comezos do século XX entre os Estados que dispoñían de capacidade para realizar levantamentos hidrográficos e de publicar as súas propias cartas mariñas. No 2006, a Organización Hidrográfica Internacional con sede central en Mónaco, estaba composta por 77 membros.
Obxectivos
É o organismo coordinador dos Servizos Hidrográficos, oficialmente acreditados polos seus respectivos gobernos e os seus obxectivos son:
- Coordinar as actividades das Oficinas Hidrográficas Estatais.
- Lograr estandarización nas publicacións cartográficas e náuticas en xeral.
- Adoptar métodos fiables e eficientes para o procedemento de levantamentos hidrográficos.
- Promover o desenvolvemento das ciencias no eido da hidrografía e das técnicas usadas na oceanografía física.