Johannes Gutenberg: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: vep:Gutenberg Johannes
MystBot (conversa | contribucións)
Liña 92: Liña 92:
[[ml:ജോഹന്നസ് ഗുട്ടെൻബെർഗ്]]
[[ml:ജോഹന്നസ് ഗുട്ടെൻബെർഗ്]]
[[mn:Иоханнэс Гутэнбэрг]]
[[mn:Иоханнэс Гутэнбэрг]]
[[mr:योहानेस गुटेनबर्ग]]
[[mrj:Гутенберг, Иоганн]]
[[mrj:Гутенберг, Иоганн]]
[[ms:Johannes Gutenberg]]
[[ms:Johannes Gutenberg]]

Revisión como estaba o 23 de febreiro de 2012 ás 03:22

Johannes Gutenberg.

Johannes Gensfleish zur Laden zum Gutenberg, nado en Maguncia en 1398 e falecido o 3 de febreiro de 1468, foi un impresor alemán coñecido polas súas contribucións á tecnoloxía da impresión en polo menos tres dos seus procesos: As matrices ou pranchas de impresión de tipos móbiles, a prensa e nas tintas para transferir os tipos ao pergamiño ou ao papel.

Era fillo do comerciante Frele Gensfleisch zu Laden, quen adoptaría máis tarde o nome "zum Gutenberg", homónimo da veciñanza a onde a familia se trasladara.

O primeiro libro impreso por Gutenberg foi a Biblia, proceso que iniciou o 23 de febreiro de 1455 e concluíu uns cinco anos despois; estímase que logrou imprimir, iluminar e encadernar 180 Biblias de 1.282 páxinas cada unha, a dúas columnas de 42 liñas. Hoxe en día (en 2003) existen 60 Biblias de Gutenberg, 12 en pergamiño e 48 en papel. Alemaña posúe polo menos 15 Biblias de Gutenberg, na súa maioría nas bibliotecas de institucións universitarias.

Biblia de Gutenberg.

Os tipos individuais móbiles

Gutenberg está considerado como o inventor –en Europa, pois os chineses e coreanos xa os usaban– dos tipos móbiles de chumbo fundido, máis duradeiros e resistentes que os fabricados en madeira, e por tanto reutilizábeis que conferiron unha enorme versatilidade ao proceso de elaboración de libros e á súa masificación. Inicialmente estes eran singulares (únicos), como unha obra de arte, elaborados a man letra por letra, palabra por palabra, por un Scriba nun Scriptorium. Na Alta Idade Media xa se empregaban matrices de impresión, estas son o negativo, é dicir, a imaxe especular dunha páxina, tallada nun medio ríxido para logo entintala e transferila, mediante presión ao pergamiño ou papel. Estas matrices de tipos fixos –cifras, palabras, frases, parágrafos… labrados (gravados) sobre táboas de arxila mol e logo cocidas ou talladas sobre madeira– coñecíanse desde había moito tempo. As primeiras foron case contemporáneas da invención da escritura, as táboas de arxila sobre as que os sumerios codificaron e marcaron os primeiros inventarios de produción agrícola e cobraron os primeiros impostos, contra o 3500 a.C.

A diferenza –e vantaxe– entre os tipos móbiles de Gutenberg e os orientais dos chineses e coreanos non é desprezábel, estriba no carácter alfabético da escritura occidental que require soamente a elaboración dun número reducido de clases de tipos, un por cada letra do alfabeto, mentres que a escritura chinesa, tamén usada polos coreanos, é ideográfica e require milleiros de clases de tipos, un para cada concepto, idea ou palabra.

A prensa

É outra das contribucións de Gutenberg; con anterioridade empregáranse, tamén desde a época de Sumeria, discos ou cilindros sobre os cales se labraba o negativo do texto a imprimir, que xeralmente era soamente a rúbrica do dono do cilindro e outorgaba certeza de autenticidade ás táboas que a levaban. As prensas da Idade Media eran simples táboas grosas e pesadas ou bloques de pedra que se apoiaban sobre a matriz de impresión xa entintada para transferir a súa imaxe ao pergamiño ou papel. A prensa de Gutenberg é unha adaptación daquelas usadas para espremer o zume das uvas na fabricación do viño, coas cales Gutenberg estaba familiarizado, pois Maguncia, onde naceu e viviu, está no val do Rin, unha rexión vinícola desde a época dos romanos.

As tintas e o papel de impresión

O interese de Gutenberg pola impresión rápida e económica de libros era en gran medida comercial e incluso chegouse a afirmar que quixo facer pasar as súas primeiras Biblias por exemplares realizados a man. Antes de inventar os tipos removíbeis fora xoieiro, coñecedor da arte da construción de moldes e da fundición de ouro e prata; por iso logrou facer excelentes tipos, valiosos incluso artisticamente como traballo de ourive.

Tras a invención dos tipos e a adaptación da prensa vinícola, Gutenberg seguiu experimentando coa prensa até lograr un aparato funcional. Tamén investigou sobre o papel ou o vélaro e as tintas. Uns e outras tiñan que comportarse de tal xeito que as tintas se absorberan polo papel sen correrse, asegurando a precisión dos trazos; necesitábase que o secado fose rápido e a impresión permanente. Por iso, Gutenberg experimentou con pigmentos de base de aceite -que non soamente usou para imprimir coas matrices, senón tamén para as capitulares e ilustracións que se realizaban manualmente- e co papel de trapo de orixe chinesa introducido en Europa na súa época.

Gutenberg e o desenvolvemento das ciencias, a cultura e o coñecemento

Outros datos de interese

  • Outros impresos de Gutenberg (Incunábeis): monotipos e ilustracións, Gramática Latina, Catholicon, Calendario, etc.
  • A Universidade de Maguncia chámase Johannes Gutenberg Universität Mainz
  • Laurens Janzoon Koster, impresor holandés, contemporáneo de Gutenberg mais máis vello; afírmase que inventou a prensa tipográfica antes que Gutenberg

Véxase tamén

Outros artigos