Lingua newari: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: kv:Невар кыв
MystBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Elimino: rmy:नेपाल भाषा
Liña 57: Liña 57:
[[pt:Língua bhasa]]
[[pt:Língua bhasa]]
[[qu:Niwari simi]]
[[qu:Niwari simi]]
[[rmy:नेपाल भाषा]]
[[ru:Неварский язык]]
[[ru:Неварский язык]]
[[sa:नेपाल भाषा]]
[[sa:नेपाल भाषा]]

Revisión como estaba o 17 de febreiro de 2012 ás 08:12

O newari ou Nepal bhasa (नेपाल भाषा, tamén coñecido como newah bhaye) é unha das linguas máis importantes do Nepal. É unha das case cincocentas linguas sino-tibetanas existentes actualmente, e pertence ao ramo tibeto-birmanés desta familia. É a única lingua tibetano-birmanesa a ser escrita no sistema devanāgarī. Conta aproximadamente cun millón de falantes no Nepal, na India e no Bután.

Sistema de escrita

Ao longo do tempo, o bhasa ten sido escrito de moitas formas. Os sistemas principais son o ranxana, o prachalit, o brahmi e o golmol, usados máis frecuentemente. Todos os sistemas son escritos da esquerda para a dereita, e consisten de dous conxuntos separados de letras: un de vogais e outro de consoantes. O brahmi é o sistema máis antigo, e todos os outros derivan del.

O devanāgarī é o sistema máis empregado no presente, unha vez que é o sistema oficial do Nepal, ben como na veciña India. O sistema ranxana foi o máis usado en tempos antigos, e hoxe está experimentando unha especie de renacemento, debido á maior consciencia cultural. O sistema prachalit, sendo semellante ao debanagari, tamén é usado. Actualmente os sistemas brahmi e golmol raramente son usados.

Dialectos e influencia

Hai cinco dialectos importantes: o yen-yala, o khwapa, o pahari, o dolakha e o chitlang. Alén destes dialectos, hai algúns poucos subdialectos falados no vale de Katmandú e outras partes do Nepal. Estes subdialectos son falados nas aldeas adxacentes a Katmandú, como Patan, Bhaktapur, Chitlang e Dolakha. O dialectos falado en Bandipur é a forma arcaica do bhaaye de Khwapa. O dialecto falado en Chaínpur, Bhoxpur, Terathún e en Palapa é relacionado ao de Katmandú e ao de Patan. O dialecto falado en Ridí, Baglung e Arughat é máis próximo ao de Bhaktapur.