Astor Piazzolla: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Modifico: et:Ástor Piazzolla; cambios estética
m Música rock
Liña 3: Liña 3:


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
Foi un dos músicos de [[tango]] máis importantes da segunda metade do [[século XX]]. Estudou harmonía e [[música clásica]] e contemporánea coa compositora e directora de orquestra francesa [[Nadia Boulanger]]. Na súa mocidade tocou e realizou arranxos orquestrais para o bandoneonista, compositor e director [[Aníbal Troilo]]. Cando comezou a facer innovacións no tango (no que respecta a [[ritmo]], timbres e [[harmonía]]) foi moi criticado polos tangueros da vella escola, ortodoxos en canto a ritmo, [[melodía]] e orquestración. Nos anos posteriores sería reivindicado por intelectuais e músicos de [[rock]].
Foi un dos músicos de [[tango]] máis importantes da segunda metade do [[século XX]]. Estudou harmonía e [[música clásica]] e contemporánea coa compositora e directora de orquestra francesa [[Nadia Boulanger]]. Na súa mocidade tocou e realizou arranxos orquestrais para o bandoneonista, compositor e director [[Aníbal Troilo]]. Cando comezou a facer innovacións no tango (no que respecta a [[ritmo]], timbres e [[harmonía]]) foi moi criticado polos tangueros da vella escola, ortodoxos en canto a ritmo, [[melodía]] e orquestración. Nos anos posteriores sería reivindicado por intelectuais e [[Música rock|músicos de rock]].


Cando nos anos cincuenta e sesenta os tangueros ortodoxos -que o consideraban «o asasino do tango»- decretaron que as súas composicións non eran tango, Piazzolla respondeu cunha nova definición: «É música contemporánea de Buenos Aires».
Cando nos anos cincuenta e sesenta os tangueros ortodoxos -que o consideraban «o asasino do tango»- decretaron que as súas composicións non eran tango, Piazzolla respondeu cunha nova definición: «É música contemporánea de Buenos Aires».

Revisión como estaba o 31 de xaneiro de 2012 ás 02:06

Piazzola en 1971.

Astor Pantaleón Piazzolla, nado en Mar del Plata o 11 de marzo de 1921 e finado en Bos Aires o 4 de xullo de 1992, foi un bandoneonista e compositor arxentino.

Traxectoria

Foi un dos músicos de tango máis importantes da segunda metade do século XX. Estudou harmonía e música clásica e contemporánea coa compositora e directora de orquestra francesa Nadia Boulanger. Na súa mocidade tocou e realizou arranxos orquestrais para o bandoneonista, compositor e director Aníbal Troilo. Cando comezou a facer innovacións no tango (no que respecta a ritmo, timbres e harmonía) foi moi criticado polos tangueros da vella escola, ortodoxos en canto a ritmo, melodía e orquestración. Nos anos posteriores sería reivindicado por intelectuais e músicos de rock.

Cando nos anos cincuenta e sesenta os tangueros ortodoxos -que o consideraban «o asasino do tango»- decretaron que as súas composicións non eran tango, Piazzolla respondeu cunha nova definición: «É música contemporánea de Buenos Aires».

As súas obras non eran difundidas polas estacións de radio e os comentaristas seguían a atacar a súa arte. Os selos discográficos non se atrevían a editala. Considerárono un snob irrespetuoso que compuña música híbrida, con exabruptos de harmonía disonante.

Véxase tamén

Ligazóns externas