Célula delta: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 4: | Liña 4: | ||
As '''células delta''' (células δ) ou '''células D''' son células produtoras de [[somatostatina]], que se encontran nas paredes do [[estómago]] e [[intestino]] e nos [[illote de Langerhans|illotes de Langerhans]] do [[páncreas]]. |
As '''células delta''' (células δ) ou '''células D''' son células produtoras de [[somatostatina]], que se encontran nas paredes do [[estómago]] e [[intestino]] e nos [[illote de Langerhans|illotes de Langerhans]] do [[páncreas]]. |
||
Nos roedores as células delta do páncreas están localizadas na periferia dos illotes de Langerhans, pero nos humanos a arquitectura dos illotes está xeralmente menos organizada e as células delta poden aparecer tamén na parte central do illote. |
No estómago atópanse no antro e fondo. Nos roedores as células delta do páncreas están localizadas na periferia dos illotes de Langerhans, pero nos humanos a arquitectura dos illotes está xeralmente menos organizada e as células delta poden aparecer tamén na parte central do illote. |
||
Vistas con [[microscopio electrónico]], as células delta poden identificarse como células máis pequenas e con gránulos algo máis compactos ca as [[célula beta|células beta]] dos illotes. |
Vistas con [[microscopio electrónico]], as células delta poden identificarse como células máis pequenas e con [[gránulo (bioloxía)|gránulos]] algo máis compactos ca as [[célula beta|células beta]] dos illotes. Os gránulos das células D no estómago son redondos, duns 350 nm de diámetro, cunha porción central finamente granular e densidade electrónica media. |
||
As células delta conteñen receptores [[CCKBR]] (que responden á [[gastrina]]), que aumentan a liberación de [[somatostatina]], e [[receptor M3|receptores M3]] (que responden á acetilcolina), que fan decrecer a liberación de somatostatina das células delta. |
As células delta conteñen receptores [[CCKBR]] (que responden á [[gastrina]]), que aumentan a liberación de [[somatostatina]], e [[receptor M3|receptores M3]] (que responden á acetilcolina), que fan decrecer a liberación de somatostatina das células delta. |
Revisión como estaba o 26 de xaneiro de 2012 ás 20:08
Este artigo está a ser traducido ao galego por un usuario desta Wikipedia; por favor, non o edite. O usuario Miguelferig (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 12 anos. Se o usuario non publica a tradución nun prazo de trinta días, procederase ó seu borrado rápido. |
As células delta (células δ) ou células D son células produtoras de somatostatina, que se encontran nas paredes do estómago e intestino e nos illotes de Langerhans do páncreas.
No estómago atópanse no antro e fondo. Nos roedores as células delta do páncreas están localizadas na periferia dos illotes de Langerhans, pero nos humanos a arquitectura dos illotes está xeralmente menos organizada e as células delta poden aparecer tamén na parte central do illote.
Vistas con microscopio electrónico, as células delta poden identificarse como células máis pequenas e con gránulos algo máis compactos ca as células beta dos illotes. Os gránulos das células D no estómago son redondos, duns 350 nm de diámetro, cunha porción central finamente granular e densidade electrónica media.
As células delta conteñen receptores CCKBR (que responden á gastrina), que aumentan a liberación de somatostatina, e receptores M3 (que responden á acetilcolina), que fan decrecer a liberación de somatostatina das células delta.
O péptido intestinal vasoactivo (VIP) actúa sobre as células delta causando unha maior liberación de somatostatina.
Importancia clínica
Os tumores de células delta denomínanse "somatostatinomas".
Secreción
A hormona somatostaina producida polas células delta e por algunhas neuronas é unha hormona peptídica de efectos inhibitorios. Inhibe a liberación da hormona do crecemento, da TSH e das hormonas gastrointestinais, a insulina e o glicagón, e inhibe a adenilciclase das células parietais do estómago. Contribúe a diminuír o baleiramento gástrico, e reduce o peristaltismo e fluxo sanguíneo intestinal, e a secreción exocrina pancreática.