Ácido 3-fosfoglicérico: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3: Liña 3:
[[Ficheiro:3-Phospho-D-glyceric-acid-3D-balls.png|thumb|right|Modelo en 3D do ácido 3-fosfoglicérico.]]
[[Ficheiro:3-Phospho-D-glyceric-acid-3D-balls.png|thumb|right|Modelo en 3D do ácido 3-fosfoglicérico.]]


O '''ácido 3-fosfoglicérico''' (3PG) ou ácido 3-fosfo-D-glicérico <ref>PubChem compound [http://pubchem.ncbi.nlm.nih.gov/summary/summary.cgi?cid=439183 3-phosphoglyceric acid]</ref> é unha molécula moi importante no metabolismo, xa que intervén na [[glicólise]] e no [[ciclo de Calvin]] da [[fotosíntese]]. Trátase dun [[ácido carboxílico]] de tres carbonos, cun [[grupo OH]] no carbono 2 e un grupo fosfato esterificado no carbono 3 <ref>ChemSpider [http://www.chemspider.com/388326]</ref>. Pola posición do OH é unha forma D. A forma desprotonada do ácido denomínase '''3-fosfoglicerato''', que é a forma na que está a [[pH]] celular e na que intervén no metabolismo.
O '''ácido 3-fosfoglicérico''' (3PG) ou ácido 3-fosfo-D-glicérico <ref>PubChem compound [http://pubchem.ncbi.nlm.nih.gov/summary/summary.cgi?cid=439183 3-phosphoglyceric acid]</ref> é unha molécula moi importante no metabolismo, xa que intervén na [[glicólise]] e no [[ciclo de Calvin]] da [[fotosíntese]]. Trátase dun [[ácido carboxílico]] de tres carbonos, cun [[grupo OH]] no carbono 2 e un grupo [[fosfato]] esterificado no carbono 3 <ref>ChemSpider [http://www.chemspider.com/388326]</ref>. Pola posición do OH é unha forma D. A forma desprotonada do ácido denomínase '''3-fosfoglicerato''', que é a forma na que está a [[pH]] celular e na que intervén no metabolismo.


==Glicólise e gliconeoxénese==
==Glicólise e gliconeoxénese==

Revisión como estaba o 28 de decembro de 2011 ás 23:32

Ácido 3-fosfoglicérico.
Número CAS:820-11-1.
Nome IUPAC: ácido (2R)-2-Hidroxi-3-fosfonooxipropanoico.
Modelo en 3D do ácido 3-fosfoglicérico.

O ácido 3-fosfoglicérico (3PG) ou ácido 3-fosfo-D-glicérico [1] é unha molécula moi importante no metabolismo, xa que intervén na glicólise e no ciclo de Calvin da fotosíntese. Trátase dun ácido carboxílico de tres carbonos, cun grupo OH no carbono 2 e un grupo fosfato esterificado no carbono 3 [2]. Pola posición do OH é unha forma D. A forma desprotonada do ácido denomínase 3-fosfoglicerato, que é a forma na que está a pH celular e na que intervén no metabolismo.

Glicólise e gliconeoxénese

Na glicólise o 3-fosfoglicerato é un dos intermediarios da ruta. A molécula da glicólise de 3 carbonos 1,3-bifosfoglicerato orixina encimaticamente 3-fosfoglicerato en reacción catalizada pola fosfoglicerato quinase. Nesta reacción prodúcese formación de ATP a partir do ADP e dun dos fosfatos do 1,3-bifosfoglicerato, polo que se trata dunha fosforilación a nivel de substrato. Por tanto, é un dos puntos onde se produce ATP na glicólise [3].

Despois o 3-fosfoglicerato transfórmase en 2-fosfoglicerato pola acción da fosfoglicerato mutase.

O 3-fosfoglicerato intervén tamén na gliconeoxénese, ruta na que realiza as reaccións inversas ás que realiza na glicólise.

Ciclo de Calvin

No ciclo de Calvin da fase escura da fotosíntese o 3-fosfoglicerato é unha molécula chave. Cando se incorpora (fixa) unha molécula de CO2 á ribulosa 1,5-bifosfato esta xera unha molécula inestable de 6 carbonos, que axiña rompe orixinando dúas moléculas de 3-fosfoglicerato. Este 3-fosfoglicerato é a primeira molécula estable que incorpora carbono na fotosíntese C3, que se chama C3 porque o 3-fosfoglicerato ten 3 carbonos. Despois o 3-fosfoglicerato redúcese a gliceraldehido 3-fosfato, continuando as reaccións do ciclo de Calvin [3].

Cando na planta se produce fotorrespiración, despois da fixación só se forma unha molécula de 3-fosfoglicerato (en vez de dúas), xunto con outra de fosfoglicolato. Esta última inicia as reaccións da fotorrespiración.

Síntese de aminoácidos

O 3-fosfoglicerato é tamén un precursor da serina. O 3-fosfoglicerato inicia a ruta de síntese, transformándose por deshidroxenación encimática en 3-fosfohidroxipiruvato, e este por transaminación co glutamato orixina fosfoserina, que dá lugar á serina libre ao hidrolizarse o seu fosfato. A partir da serina tamén se poden formar cisteína e glicina (polo ciclo da homocisteína). [3]

Notas

  1. PubChem compound 3-phosphoglyceric acid
  2. ChemSpider [1]
  3. 3,0 3,1 3,2 A. Lehninger. Principios de Bioquímica. Omega. (1988). Páxinas 408-411, 620, 663-665. ISBN: 84-282-0738-0

Véxase tamén